EMPREGO

É inaceptábel que o Goberno municipal celebre que os datos de desemprego diminuiran tan só en 17 persoas

Protesta diante da oficina emprego de Monelos
Protesta diante dunha oficina emprego

Agardamos que o concelleiro Lema teña aprendido moito nas Xornadas sobre Innovación nas Políticas de Emprego para poder comezar a implementar algunha medida nova desde a súa área

É inaceptábel que o actual Goberno municipal celebre os datos de desemprego que diminúen tan só en 17 persoas mentres segue a haber 18.473 persoas no paro rexistrado e cando a EPA sinala que existen case vinte mil persoas en desemprego na nosa cidade

Se o Goberno municipal quere loitar contra o desemprego, ademais dos rutineiros cursos para desempregados ou o mero asesoramento e os nunca executados fondos para o comercio local e os mercados, terá que tomar decisións para poñer en marcha un plan de industrialización, a protección do Porto como lugar estratéxico para o desenvolvemento de actividades marítimo-pesqueiras e non para a especulación urbanística, a aposta pola  Universidade da Coruña, a planificación participada co sector de políticas que promovan o pequeno e mediano comercio e os mercados municipais

É inaceptábel que o Goberno municipal celebre que os datos de desemprego diminuiran tan só en 17 persoas

Queremos manifestar a nosa esperanza, co gallo da clausura das Xornadas sobre Innovación nas Políticas de Emprego, con que o concelleiro Lema teña aprendido moito nelas e con que comece dunha vez a implementar algunha medida nova desde a súa área.

É inaceptábel que o Goberno municipal cualifique como “bos” os datos de desemprego que diminúen tan só en 17 persoas mentres segue a haber 18.473 rexistradas no paro e cando a EPA sinala que preto de vinte mil coruñesas e coruñeses están no desemprego. A celebración dos datos de desemprego cando supoñen avances mínimos ou a escolla dos datos máis oportunos segundo conveña lémbranos a épocas pasadas.

Ademais, o actual Goberno da Marea Atlántica non está a afrontar os grandes retos en materia de emprego que ten a cidade, e con ela a comarca, senón que se limita a xestionar os rutineiros cursos para desempregadas e desempregados ou a continuar cos nunca de todo executados fondos para dinamización do comercio local e os mercados.

Se se quere loitar contra o desemprego na cidade hai que tomar decisións sobre o necesario plan de industrialización, en clave comarcal e implicando as administracións que fixer falta, sobre a protección do Porto como lugar estratéxico para o desenvolvemento de actividades marítimo-pesqueiras e non para a especulación urbanística, a aposta pola Universidade da Coruña, a planificación participada co sector de políticas que promovan o pequeno e mediano comercio e os mercados municipais, que agardan a que o Goberno local adxudique tamén a unha empresa privada o deseño dun plan de dinamización e que constantemente ven ameazados os poucos investimentos que recollían para eles o orzamento de 2016.

A Coruña, 4 de novembro de 2016

É inaceptábel que o Goberno municipal celebre que os datos de desemprego diminuiran tan só en 17 persoas