AVIA VEIRA PREGUNTA AO GOBERNO LOCAL POLO MAL ESTADO DAS INSTALACIÓNS DO CEIP SAN PEDRO DE VISMA

Sen iluminación na polideportiva, pingueiras nalgunhas aulas e cero euros nos orzamentos da Xunta

A concelleira do BNG Avia Veira vén de lle dirixir unha pregunta por escrito ao Goberno Local en relación ás deficiencias que presentan as instalacións do CEIP de San Pedro de Visma.
Sen iluminación na polideportiva, pingueiras nalgunhas aulas e cero euros nos orzamentos da Xunta

En concreto, hai pingueiras nos corredores e nalgunhas aulas e a pista polideportiva carece de suficiente iluminación, o que obriga o centro a recorrer a pequenos fotos portátiles para realizar actividades a partir das 18 horas.

Veira quer saber se o executivo coruñés coñece esta situación e, en caso afirmativo, que pensa facer ao respeito.
“Está exixindo o Goberno Local [a Xunta de Galiza, a administración competente] que se actúe no dito centro educativo ou ten pensado actuar para evitar esta situación?”, pregunta a concelleira nacionalista.

Nos orzamentos da Xunta para 2020 non hai ningunha partida para reparar estas deficiencias, o que levou o pleno do Concello a propor -a instancias de BNG, Marea e PSdeG- unha emenda das contas da Administración galega para aumentar os fondos destinados aos centros de ensino, entre os cales citábase explicitamente o de San Pedro de Visma.