MUSEOS CIENTÍFICOS

Hoxe estivemos coa representación do cadro de persoal dos museos científicos

Momentos previos á reunión de Avia Veira coa representación do cadro de persoasl dos museos científicos
Momentos previos á reunión de Avia Veira coa representación do cadro de persoasl dos museos científicos

Trasladamos o noso apoio ás traballadoras e aos traballadores dos museos científicos coruñeses

Mantivemos esta mañá unha reunión con representantes do cadro do persoal na que nos deron conta do seu calendario de mobilizacións

Urximos ao Goberno municipal a aportar unha solución xa. O vindeiro día 15 de abril 31 persoas estarán no paro se non se reverte a situación, malia que levabamos advertindo desta posibilidade desde novembro de 2015

Hoxe estivemos coa representación do cadro de persoal dos museos científicos

Vimos de nos reunir cunha representación do cadro de persoal dos museos científicos coruñeses na que lle dimos traslado do noso apoio as súas reivindicacións así como adiantámoslles a nosa participación nos paros e nas concentracións convocadas por estes para as vindeiras datas.

Do mesmo xeito, démoslle conta a esta representación das iniciativas vimos presentando desde comezo de mandato a respecto da situación que se estaba dando no servizo, tanto polo contexto de provisionalidade na que se atopaba como pola propia situación laboral que sofren as traballadoras e os traballadores.

Así, falamos durante a reunión desas iniciativas, que en todo momento recollían ese aspecto provisional, provocado pola prorroga concedida á empresa Samyl SL desde o remate da concesión en 2014, e que ten o seu fin precisamente este 14 de abril, e solicitando rescatar o Servizo de Atención ao Público dos museos científicos, así como tamén trasladando nesas mesas iniciativas a situación que estaban sufrindo as traballadoras e traballadores da empresa, dando conta das constantes vulneracións dos dereitos fundamentais ratificadas por innumerábeis sentenzas xudiciais na súa contra, e polas que se solicitaban actuacións contundentes por parte do Goberno municipal.

Despois de todas as advertencias realizadas por nós neste último ano e medio non podemos mais que concluír que a caducidade da prórroga concedida en 2014 á empresa Samyl SL sen haber un rescate ou unha nova concesión é só froito da inacción do Executivo local, coas consecuencias que isto terá para as traballadoras e traballadores.

Do mesmo xeito, trasladámoslles as e aos representantes presentes na reunión que desde o BNG esixiremos con contundencia que o Executivo local actúe de vez e que achegue solucións xa que logo os prazos para resolver o grave problema están aí, e se nada o remedia a mediados de mes todo o cadro de persoal que atende ao público nos museos científicos irá á rúa.

Urximos ao Goberno municipal a aportar unha solución xa.

O vindeiro día 15 de abril 31 persoas estarán no paro se non se reverte a situación, malia que levabamos advertindo desta posibilidade desde novembro de 2015.

A Coruña, 30 de marzo de 2017

Noticias relacionadas