MONCHO VALCARCE

Homenaxe anual do Grupo de Barrio de Monte Alto do BNG a Moncho Valcarce

Xabier Filgueira, Secretario Comarcal da CIG, nun momento da súa intervención
Xabier Filgueira, Secretario Comarcal da CIG, nun momento da súa intervención

O Grupo de Barrio de Monte Alto realizou está mañá a homenaxe anual ao crego das Encrobas Moncho Valcarce

Xabier Filgueira, Secretario Comarcal da CIG, destacou a figura de Ramón Valcarce Vega e sinalou a vixencia hoxe en día do seu legado, salientando o seu compromiso coas “causas do pobo”  

Homenaxe anual do Grupo de Barrio de Monte Alto do BNG a Moncho Valcarce

Vimos de realizar esta maña a homenaxe anual que todos os anos lle dedicamos a Moncho Valcarce, o crego das Encrobas.

Coa participación de máis dun cento de persoas, o Grupo de Barrio de Monte Alto acudiu, como fai ininterrompidamente desde hai 24 anos, ao Camposanto de Santo Amaro, onde repousan os restos mortais de Moncho, para lembrar o seu compromiso e apoio ás clases populares e a súa loita nas Encrobas na parroquia de Cerceda, a causa en Xove, ou nas Enchousas e en Baldaio.

Neste sentido, foi precisamente Xabier Filgueira, Secretario Comarcal da CIG, quen destacou a figura de Moncho e sinalou a vixencia hoxe en día do seu legado, salientando o seu compromiso coas “causas do pobo”.

Acto de homenaxe a Moncho Valcarce no 25 aniversario do seu pasamento

“Moncho era unha persoa comprometida co mundo que lle rodeaba, co seu pobo, un loitador. Indignábase ante as situacións inxustas e rebelábase contra elas. Era, sen lugar a dúbidas, un «indignado» que hoxe estaría do lado dos preferentistas roubados, do lado do xubilados e xubiladas ao que se lles están a roubar as pensións, do lado das persoas que son desafiuzadas etc, en definitiva do lado da xente. E o seu activismo e a súa militancia no nacionalismo galego e no BNG era froito dunha identificación cos que sofren o peso da opresión, entendendo que só a conquista dunha nova Galiza desde o antiimperialismo, o anticolonialismo e o antimonolpolismo, é a consecuencia lóxica para unha sociedade igualitaria e máis xusta”, sinalaba durante a súa intervención Xabier Filgueira.

Finalmente, o acto, celebrado diante do seu nicho, remataba coa colocación dun ramo de flores e a interpretación pola e polos que alí estabamos do himno galego.

A Coruña, 3 de febreiro de 2018.

Galería de fotos no Facebook: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.1598292113559674.1073741871.315682798487285&type=1&l=77f43a76ef

Homenaxe anual do Grupo de Barrio de Monte Alto do BNG a Moncho Valcarce