Por que o Goberno municipal non apartou ao funcionariado no que non confía?

Iago Martínez durante a súa intervención no acto de Barcelona En Comú
Por que o Goberno municipal non apartou ao funcionariado no que non confía?

A Coruña, 20 de abril de 2016.- O Grupo Municipal do BNG insiste en demandarlle ao alcalde da Coruña a reprobación do asesor da Alcaldía Iago Martínez tras as declaracións deste último nas que falaba con desprezo da oposición e do funcionariado do Concello e mesmo dos movementos sociais e veciñais da cidade.

Se o funcionariado ao que se refería o asesor do alcalde é o relacionado coa Pokémon, o BNG pregúntase por que o Goberno municipal da Marea Atlántica non tomou ningunha decisión ao respecto

A respecto do conato de excusa acerca da expresión descalificativa referida a parte do funcionariado municipal na que se sinala por parte do Goberno local que ían dirixidas máis ben a aquelas/es funcionarias/os relacionados coa Pokémon, o BNG entende que as declaracións só poñen de relevo que o Goberno municipal da Marea Atlántica non tomou ningunha decisión ao respecto e pregúntase os motivos.

Veira: “Tal e como demandamos en febreiro de 2014 a través dunha moción –naquela altura dirixida ao Goberno do Sr. Negreira–, o Executivo local pode apartar as persoas funcionarias imputadas de todo proceso administrativo de contratación”

Iago Martínez durante a súa intervención no acto de Barcelona En Comú

“Desde que comezou a peza da Pikachu, dentro do proceso da Pokémon, cando foron imputados membros do Goberno municipal e persoal de confianza do Sr. Negreira mais tamén funcionariado do Concello, solicitamos, a través dunha moción presentada en febreiro do 2014, que ditos concelleiros dimitisen, os asesores fosen cesados e o funcionariado fose apartado de todo proceso administrativo de contratación. Entendemos que se se quere facer algo e mesmo se pensa que existen problemas con algún funcionariado relacionado con este proceso, existen medidas que se poden tomar mais o Goberno municipal actual en mans da Marea Atlántica non as está tomando aínda que logo se laia”, sinala Avia Veira.

As nacionalistas insisten, para concluír, que as declaracións do xefe de gabinete de Alcaldía foron desafortunadas e que o Sr. Ferreiro debe reprobalo publicamente.

 

Preme aquí para ver a moción que presentamos en febreiro de 2014

Artigos relacionados:

Por que o Goberno municipal non apartou ao funcionariado no que non confía?