BARRIOS

O Goberno municipal nega a necesidade de mellorar a seguridade viaria no barrio de Monte Alto

Cruzamento da rúa Orillamar, a rúa Atocha Baixa e rúas Javier Fonte
Cruzamento da rúa Orillamar, a rúa Atocha Baixa e rúas Javier Fonte

Formularamos en pregunta para a súa resposta por escrito, despois de que non se nos atendera un rogo, a posibilidade de colocar un espello na intersección desde a rúa Atocha Baixa á rúa Orillamar para a mellora da incorporación

Este cruzamento é dos máis transitados de Monte Alto xa que distribúe o percorrido de moitos buses que acceden desde a rúa San Xoán e os propios que suben desde a rúa Orillamar, é o acceso principal á Escola Pablo Picasso e é a única alternativa para transitar pola zona dos Pelamios, polo que a colocación desta medida complementaría a seguridade viaria de todas as persoas condutoras que empregan estas vías. Discrepamos coa interpretación da Área de Mobilidade do Executivo local que entende que é un cruzamento con visibilidade suficiente

O Goberno municipal nega a necesidade de mellorar a seguridade viaria no barrio de Monte Alto

Vimos de amosar o noso asombro polas respostas do Goberno municipal a respecto do rexeitamento dunha solicitude formulada por nós para a colocación dun espello de tráfico no cruzamento das rúas Orillamar, Atocha Baixa e Jabier Fonte, no barrio de Monte Alto.

E é que solicitamos, primeiro mediante un rogo que non foi atendido, e posteriormente a través dunha batería de preguntas para a súa resposta por escrito, a colocación deste complemento en materia de seguridade para mellorar a visibilidade nas incorporacións que se producen nesta intersección de vías.

Desta última iniciativa, o Goberno municipal trasládanos que non atendeu o noso rogo «Polas dificultades de xiro e os voos das carrocerías dos vehículos de grandes dimensións sobre as beirarrúas do cruzamento e por tratarse dun cruzamento a nivel con visibilidade suficiente»; é dicir, na mesma resposta admítesenos que o xiro ten unhas determinadas dificultades pero cunha visibilidade suficiente... Mais isto último tampouco é correcto xa que a incorporación desde a rúa Atocha Baixa á rúa Orillamar faise de xeito oblicuo de cara ao sentido da circulación polo que a visibilidade non é completa ao se producir un punto cego até momento inmediatamente previo á liña de detención. E é por este motivo polo que solicitabamos a colocación deste complemento en materia de seguridade viaria.

Do mesmo xeito, o Executivo engade aos seus argumento para descartar definitivamente colocar o complemento a propia “priorización establecida na intersección de ambas as dúas rúas” e que “non se considera procedente a colocación deste espello”, cuestións que poñemos en dúbida xa que logo entendemos que esta actuación é moi simple simple, non supón un gasto elevado e sempre redundaría nunha mellora na seguridade.

Este cruzamento é dos máis transitados de Monte Alto xa que distribúe o percorrido de moitos buses que acceden desde a rúa San Xoán e os propios que suben desde a rúa Orillamar, é o acceso principal á Escola Pablo Picasso e é a única alternativa para transitar pola zona dos Pelamios, polo que a colocación desta medida complementaría a seguridade viaria de todas as persoas condutoras que empregan estas vías. Discrepamos coa interpretación da Área de Mobilidade do Executivo local que entende que é un cruzamento con visibilidade suficiente.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2018.

 

Artigos relacionados:

O Goberno municipal nega a necesidade de mellorar a seguridade viaria no barrio de Monte Alto