PEGADAS DE CARTEIS

O Goberno municipal da Marea aplica discriminatoriamente as sancións por pegadas?

Muro onde foron sancionados os membros do C.S. Gomes Gaioso cheo de carteis publicitarios mesmo do Concello da Coruña
Muro onde foron sancionados os membros do C.S. Gomes Gaioso cheo de carteis publicitarios mesmo do Concello da Coruña

Preguntamos ao Goberno da Marea Atlántica se ten pensado aplicar sancións ao propio Concello da Coruña polas súa pegadas de carteis

Tivemos coñecemento a través das redes sociais da imposición de sancións a membros do C.S. Gomes Gaioso pola pegada dun cartel na rúa da Torre polo que preguntámonos se o Goberno da Marea tamén aplica as mesmas sancións a todos os colectivos e empresas, mesmo multinacionais, que empregan ese mesmo muro para a colocación da súa cartelaría

Queremos que o Executivo local achegue unha relación das entidades ás que multou o ano pasado, e no que vai deste, polo incumprimento da Ordenanza de Xestión de Residuos Municipais e Limpeza Viaria e, así mesmo, se ten a intención, no que queda de mandato, de modificala; sería inexplicábel e intolerábel que a imposición de sancións dependa de quen coloca os carteis ou do que se publicita nos mesmos. O propio Concello da Coruña coloca carteis no mesmo muro onde foron sancionados os membros deste Centro Social, por non lembrar a cantidade de carteis que colocou en toda A Coruña durante a campaña #APéDeBarrio

O Goberno municipal da Marea aplica discriminatoriamente as sancións por pegadas?

Vimos de presentar unha iniciativa esta mañá (podes vela premendo aquí) a respecto da imposición de sancións a varios membros do Centro Social Gomes Gaioso pola colocación dun cartel no cruzamento da rúa da Torre coa rúa Marconi.

Tivemos coñecemento destas sancións a través das redes sociais do propio Centro, polo que mostamos o noso interese, pola aplicación da Ordenanza de Xestión de Residuos Municipais e Limpeza Viaria, xa que logo o muro onde foi presuntamente obxecto do incumprimento administrativo é empregado por numerosas entidades, colectivos e empresas, e mesmo polo propio Concello da Coruña, para pegar publicidade, polo que na iniciativa queremos que se aclare se o Executivo da Marea aplica as mesmas sancións a todos estes colectivos e empresas, mesmo multinacionais, que empregan esa zona para a colocación da súa cartelaría.

Dáse a circunstancia que o artigo incumprido que motiva a imposición de sancións tamén foi incumprido polo propio Concello da Coruña, ao longo de toda a rúa da Torre, e noutras moitas zonas e barrios da cidade durante o desenvolvemento da campaña #APéDeBarrio, xa que logo a ordenanza é moi concreta ao respecto [sic] “Queda prohibido colocar ou pegar calquera tipo de carteis, pancartas ou adhesivos en papeleiras, colectores de lixo, subxeccións destes, sinais, farois, marquesiñas, ou calquera outro elemento de mobiliario urbano”.

Queremos que o Executivo local achegue unha relación das entidades ás que multou o ano pasado, e no que vai deste, polo incumprimento da Ordenanza de Xestión de Residuos Municipais e Limpeza Viaria e, así mesmo, se ten a intención, no que queda de mandato, de modificala; sería inexplicábel e intolerábel que a imposición de sancións dependa de quen coloca os carteis ou do que se publicita nos mesmos. O propio Concello da Coruña coloca carteis no mesmo muro onde foron sancionados os membros deste Centro Social, por non lembrar a cantidade de carteis que colocou en toda A Coruña durante a campaña #APéDeBarrio.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2018.