O Goberno local paga a unha empresa para que redacte a ordenanza de xardinería

O Goberno local paga a unha empresa para que redacte a ordenanza de xardinería

A Coruña, 12 de setembro de 2013.- O Grupo municipal do BNG denuncia que o Goberno municipal adxudicase o pasado 10 de xullo a realización da ordenanza reguladora das obras de xardinaría no Concello da Coruña a unha empresa. As nacionalistas non entenden que o goberno dea a unha empresa a elaboración desta normativa, cun prazo de execución de tres meses, cando existe persoal técnico municipal perfectamente cualificado que podería encargarse desta encomenda, que lle aforraría cartos á cidadanía e que garantirían os principios de capacidade e imparcialidade.

O BNG denuncia o baleirado de funcións da administración municipal que está a facer o PP no Goberno municipal e a súa suposta austeridade, e entenden que esta encomenda debería ser desenvolta polo persoal municipal. E é que continuamente, afirman as nacionalistas, o Goberno local deriva funcións públicas a entidades privadas, pondo como exemplo o encargo de facer a unha empresa a elaboración de informes técnicos das ofertas para as obras de melloras de accesibilidade en Zona Urbana C.

O Goberno local paga a unha empresa para que redacte a ordenanza de xardinería