O Goberno Local debe reactivar o voluntariado para prestar axuda ás persoas afectadas pola Covid-19

BNG A CORUÑA
A concelleira do BNG Avia Veira rexistrou este mércores un rogo escrito para o Goberno Local reactivar o voluntariado municipal que se puxo en marcha durante o pasado confinamento, co propósito de prestar axuda a persoas afectadas pola Covid-19 e que por distintas razóns carezan dunha suficiente rede familiar ou de amizades de apoio.
O Goberno Local debe reactivar o voluntariado para prestar axuda ás persoas afectadas pola Covid-19

Perante a repunta nos casos positivos de Covid-19 na nosa cidade, moitas persoas vense obrigadas a gardar corentenas nos seus domicilios sen disporen en ocasións de axuda para cousas tan básicas como ir facer a compra ou baixar o lixo.

O asunto é especialmente grave para aquelas persoas de idade avanzada ou con mobilidade reducida que viven soas.

As “corentenas preventivas”, ben como “os tratamentos domiciliarios das persoas contaxiadas e con Covid-19”, xunto co fechamento dos centros de día e as escolas infantís “están a supoñer unha dificultade inmensa para sobrelevar o día a día” para moitas persoas. De aí a necesidade de reactivar o servizo de voluntariado municipal “redimensionándoo e adaptándoo á situación actual”, subliña a concelleira nacionalista.

 

O Goberno Local debe reactivar o voluntariado para prestar axuda ás persoas afectadas pola Covid-19