AVIA VEIRA PRESIDE A COMISIÓN DE EDUCACIÓN E CULTURA

O Goberno Local debe impulsar a Feira do Libro e estudar unha ubicación alternativa para garantir as distancias de seguridade

A concelleira do BNG Avia Veira demandou este martes ao Goberno Local que dea un impulso á Feira do Libro, con axudas ás libreiras da cidade para participaren neste evento, e pediu tamén que se estude por parte do executivo coruñés unha ubicación alternativa para acoller o recinto ferial co obxectivo de garantir as distancias de seguridade como medida de prevención da Covid-19.
O Goberno Local debe impulsar a Feira do Libro e estudar unha ubicación alternativa para garantir as distancias de seguridade

Veira fixo estas propostas durante o transcurso da reunión da Comisión de Educación e Cultura que ela mesma preside e na que compareceu, a instancias precisamente do BNG, o concelleiro do ramo, Jesús Celemín.

A respecto da petición dunha ubicacion alternativa para a Feira do Libro, o responsábel do Goberno Local indicou que estaba en estudo. Veira pediulle tamén que "dialogue co sector do libro da cidade para impulsar este grande acto cultural". "É evidente que o sector, castigado duramente pola crise da Covid-19, precisa de moita axuda neste momento tan delicado", di a presidenta da comisión.

Canto a Educación, a concelleira nacionalista demandou información a Celemín sobre cando se van abrir os períodos de matriculación para as escolas infantís municipais. A resposta é que será en "vindeiras datas", unha vez que se preparen as bases da convocatoria. "Urxímoslle ao concelleiro que se faga o máis axiña posíbel porque vivimos tempos complicados para a conciliación", relata Veira.

Neste mesmo sentido, o da conciliación, o BNG instou o Goberno Local a que se garanta o dereito de os menores con necesidades específicas de apoio educativo a acudiren aos campamentos municipais durante o verán. Celemín respondeu que esa é a intencion do executivo coruñés. "Estaremos vixiliantes para que ese dereito efectivamente se poda materializar", avanzou Avia Veira. 

 

O Goberno Local debe impulsar a Feira do Libro e estudar unha ubicación alternativa para garantir as distancias de seguridade