MEMORIA HISTÓRICA

O Goberno da Marea leva paralizando o proceso para recuperar a Casa Cornide desde hai xa un ano

Momento da toma simbólica da Casa Cornide realizada en setembro de 2017
Momento da toma simbólica da Casa Cornide realizada en setembro de 2017

Exiximos a convocatoria á maior brevidade do Consello da Memoria Democrática para impulsar o procedemento para a recuperación da Casa Cornide

Lembramos que foi precisamente no Pleno de setembro do ano pasado onde se aprobou a primeira moción que instaba a iniciar os procedementos necesario para esta recuperación

O 11 de setembro de 2017 o BNG presentou unha moción no Pleno onde se propoñía «promover e facilitar nos ámbitos que proceda o iniciar o proceso para posibilitar a devolución do Pazo de Meirás e da Casa Cornide para a súa incorporación ao patrimonio público». Foi aprobada cos votos favorables do Grupo Municipal da Marea Atlántica, do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e o propio noso. O adiamento continuado do comezo deste procedemento é inxustificábel, unicamente achacábel ao Executivo da Marea Atlántica, polo que lle solicitamos que axilice de vez, e sen máis demora, a recuperación dun patrimonio propio da nosa cidade espoliado directamente por Franco para o seu beneficio persoal

O Goberno da Marea leva paralizando o proceso para recuperar a Casa Cornide desde hai xa un ano

Vimos de lle solicitar ao alcalde esta mañá a convocatoria, á maior brevidade posible do Consello da Memoria Democrática para impulsar, dunha vez por todas, o procedemento para recuperar a propiedade da Casa Cornide.

Así, nesta solicitude, argumentamos que hai un ano, no Pleno de setembro de 2017, presentabamos a primeira moción, que era aprobada en Pleno, na que se instaba a iniciar os procedementos necesarios para esta recuperación.

Do mesmo xeito, posteriormente, no Pleno de xaneiro de 2018, aprobouse unha segunda moción, tamén presentada por nós, na que se instaba ao “Goberno da Xunta de Galicia, ao Goberno do Estado e ao Concello da Coruña, como propietario anterior á familia Franco, a adoptar as medidas pertinentes, e cantas fosen necesarias, para recuperar a propiedade da chamada Casa Cornide”, mais despois de se aprobar esta respectivas mocións, o cumprimento dos acordos seguen sen se efectivizar.

É por isto que demandamos a urxente convocatoria do Consello co obxecto de que recuperar para o patrimonio público o edificio Casa Cornide á maior brevidade.

O 11 de setembro de 2017 o BNG presentou unha moción no Pleno onde se propoñía «promover e facilitar nos ámbitos que proceda o iniciar o proceso para posibilitar a devolución do Pazo de Meirás e da Casa Cornide para a súa incorporación ao patrimonio público». Foi aprobada cos votos favorables do Grupo Municipal da Marea Atlántica, do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e o propio noso. O adiamento continuado do comezo deste procedemento é inxustificábel, unicamente achacábel ao Executivo da Marea Atlántica, polo que lle solicitamos que axilice de vez, e sen máis demora, a recuperación dun patrimonio propio da nosa cidade espoliado directamente por Franco para o seu beneficio persoal.

A Coruña, 12 de setembro de 2018.

 

Noticias relacionadas:

O Goberno da Marea leva paralizando o proceso para recuperar a Casa Cornide desde hai xa un ano