ESPOLIO DA CORUÑA

Sen garantías de que os peiraos interiores sexan por fin devoltos a cidade

Parcarta da Comisión Aberta en Defensa do Común colocada no salón de plenos durante a celebracion da Asemblea Cidadá de febreiro deste ano
Parcarta da Comisión Aberta en Defensa do Común colocada no salón de plenos durante a celebracion da Asemblea Cidadá de febreiro deste ano

Entendemos, tras o anuncio de que Portos do Estado e Xunta pactaron non vender a Solana e os peiraos interiores, que novamente se quere realizar unha “fuxida cara adiante” sobre o problema de fondo, non outro, que a financiación o Porto Exterior a costa de seguir hipotecando o futuro do centro da Coruña

Consideramos, asemade, que calquera “estudo concreto” que se faga a respecto dos peiraos de San Diego non pode pasar polo uso residencial senón por ser o lugar onde se artelle un verdadeiro transporte metropolitano por vía ferroviaria e marítima e aproveitar as súas vías e toda a infraestrutura hoxe en día existente

Independentemente dos termos do acordo, realizado as agochadas, e da deslealdade do Sr. Feijóo para coas coruñesas e coruñeses que estaban pendentes dunha consulta publica sobre os usos dos peiraos, os terreos seguen pendentes de desafectación. Ademais, que houbera esta negociación e finalmente acordo sen que o Goberno municipal tivese coñecemento é algo bastante indicativo e que debería facer reflexionar a Xiao Varela e Xulio Ferreiro sobre a estratexia que seguiron. Por desgraza, e como consecuencia para o futuro da nosa cidade, mantense o suspense sobre os usos futuros dos máis de 64.000 metros cadrados no centro da Coruña e segue sen garantirse os espazos públicos para usos sociais e industriais

Demandamos, de novo, que se modifique o PXOM, que contempla actualmente nas súas fichas urbanísticas a construción de mamotretos de até 10 alturas, e que se garanta para o futuro os usos sociais, ou para a cidadanía, incluíndo na modificación da ordenación dos espazos portuarios o preservar a actividade económica actual do porto como lugar de actividade comercial xeradora de riqueza

Sen garantías de que os peiraos interiores sexan por fin devoltos a cidade

Despois do anuncio no que Portos do Estado e Xunta pactaron non vender a Solana e os peiraos interiores, ademais de adiantar que se realizará un “estudo concreto” sobre o peirao de San Diego, entendemos que novamente se quere realizar unha “fuxida cara adiante” sobre o problema de fondo, non outro, que a financiación o Porto Exterior a costa de seguir hipotecando o futuro do centro da Coruña.

Deste xeito, entendemos que o anuncio realizado polo Sr. Feijóo, que entendemos que actuou con deslealdade para coas coruñesas e coruñeses que estaban pendentes dunha consulta publica sobre os usos dos peiraos, non garante que finalmente non se vaian a construír edificios nos espazos portuarios, mais ao contrario, deixa a porta aberta para que tanto a Autoridade Portuaria e Portos do Estado poida realizar manobras especulativas a conta destes terreos públicos.

Independentemente dos termos do acordo sobre os usos dos peiraos, realizado as agochadas, os terreos seguen pendentes de desafectación. Ademais, que houbera esta negociación e finalmente acordo sen que o Goberno municipal tivese coñecemento é algo bastante indicativo e que debería facer reflexionar a Xiao Varela e Xulio Ferreiro sobre a estratexia que seguiron. Por desgraza, e como consecuencia para o futuro da nosa cidade, mantense o suspense sobre os usos futuros dos máis de 64.000 metros cadrados no centro da Coruña e segue sen garantirse os espazos públicos para usos sociais e industriais.

De esquerda a dereita Enrique Losada (Pte. da Autoridade Portuaria), Xiao Varela (Concelleiro de Rex. Urbana) e Xulio Ferreiro (Alcalde da Coruña) falando no interior do Palexco

Asemade, calquera “estudo concreto”, tal  e como anunciaba o propio Presidente da Xunta, que se faga a respecto dos peiraos de San Diego non pode pasar polo uso residencial senón por ser o lugar onde se artelle un verdadeiro transporte metropolitano por vía ferroviaria e marítima aproveitando as súas vías e toda a infraestrutura hoxe en día existente, xa que logo na actualidade a posíbel construción de vivendas en San Diego é algo que responde a un modelo de cidade antagónico ao que nós defendemos sobre todo, tendo en conta que estamos nunha cidade con máis de 20.000 vivendas baleiras.

Con todo, lembramos que se pode realizar unha modificación do actual PXOM, e que só depende da vontade do actual Goberno municipal o impedir a desfeita que Portos do Estado pretende realizar a conta de terreos que son da cidade.

Neste sentido, demandamos de novo que se modifique o PXOM, que contempla actualmente nas súas fichas urbanísticas a construción de mamotretos de até 10 alturas, e que se garanta para o futuro os usos sociais, ou para a cidadanía, incluíndo na modificación da ordenación dos espazos portuarios o preservar a actividade económica actual do porto como lugar de actividade comercial xeradora de riqueza.

A noticia a respecto da nosa fachada marítima evidencia como desde o principio de mandato houbo a falta dunha proposta de futuro do Goberno da Marea a respecto dos peiraos interiores así como houbo unha incerteza continuada na xestión de como se debía actuar, algo que levamos padecendo desde hai máis de dous anos. Advertimos, desde o mesmo comezo do mandato, que estes peiraos non poden ser vendidos mentres non sexan desafectados, polo que instamos numerosas veces o Executivo local a abordar de vez a reforma do PXOM e preservar os seus usos futuros. E agora máis que en ningún momento de todo este tempo se amosa acertada a nosa formulación, polo que se seguimos insistindo en que deben blindar canto antes eses terreos contra da especulación que pretende facer a Autoridade Portuaria, e á que se sumou e apoia a Xunta de Galiza de forma intencionada e desleal.

 

A Coruña, 10 de outubro de 2017.

 

Artigos relacionados: