CASA CORNIDE

Os Francos queren vender tamén a Casa Cornide como o Pazo de Meirás?

Momento da toma simbólica da Casa Cornide realizada por compañeiras e compañeiros do BNG en setembro de 2017
Momento da toma simbólica da Casa Cornide realizada por compañeiras e compañeiros do BNG en setembro de 2017

Logo do acceso a un expediente de obra na casa Cornide tememos que a familia Franco queira sacar á venda este inmóbel como fixo co Pazo de Meirás

A familia do Ditador está a facer obras de mantemento e conservación da cuberta

Exíximoslle ao Goberno municipal que cumpra coa moción aprobada o pasado setembro e acelere o proceso de estudo polo que se elevou a poxa pública a Casa Cornide coa fin de que se procure a súa devolución

Os Francos queren vender tamén a Casa Cornide como o Pazo de Meirás?

Logo do acceso a un expediente de obra na casa Cornide moito nos tememos que a familia Franco queira sacar á venda este inmóbel como fixo co Pazo de Meirás.

Hai unhas semanas fumos alertadas por un veciño de que se estaban a producir obras na Casa Cornide, polo que solicitamos acceder ao expediente de obra e, toda vez que puidemos ver o seu contido, contrastamos que no inmóbel están a facerse obras de mantemento e conservación que consisten na impermeabilización da cuberta e da terraza sur.

O certo é que a obra conta con informes favorábeis do servizo e tamén pasou pola Comisión do PEPRI mais coidamos que o Goberno municipal ha de estar alerta xa que se trata dun inmóbel con protección monumental situado nun conxunto histórica declarado como BIC, no Camiño Inglés.

Xa quedou acreditado, como se ten documentado polos historiadores Carlos Babío e Manuel Pérez, na súa obra “Meiras: un pazo, un caudillo, un espolio”, que a Casa Cornide foi adquirida mediante a montaxe dun complexo proceso administrativo que involucrou distintas administracións, entre elas o propio Concello da Coruña, e distintos particulares adscritos ao réxime que serviron fielmente ao interese do ditador e, especialmente, da súa muller Carmen Franco, para se dotar dunha “casa” en plena Cidade Vella da Coruña, lembran que aínda queda pendente unha débeda a respecto da restitución dos distintos bens públicos enaxenados e espoliados en beneficio do ditador.

Por tanto exixímos ao Goberno da Marea Atlántica que cumpra coas mocións aprobadas tanto o pasado setembro como en xaneiro deste mesmo ano e acelere o proceso de estudo polo que se elevou a poxa pública a Casa Cornide coa fin de que se procure a súa devolución, como xa ten feito a Deputación da Coruña a través da Xunta Pro Devolución do Pazo de Meirás, abrindo unha vía xurídica innovadora para que o ben sadense volva a mans públicas.

O tempo xoga na nosa contra, e tememos que os herdeiros estean amañando a casa para vendela xa que parece que os Franco están en plena operación de venda das propiedades espoliadas para evitar que se saiba a verdade de como as obtiveron e para facer caixa. Desde o Bloque entendemos que iso non se pode permitir desde unhas administracións públicas que se din democráticas.

 

A Coruña, 13 de novembro de 2018.

Noticias relacionadas: