SERVIZOS DE AXUDA A DOMICILIO

Por fin o Goberno municipal formula a posibilidade de eliminar o copagamento do SAD

Servizo de Axuda a Domicilio
Servizo de Axuda a Domicilio

Logo de exixir durante os tres anos de medio de mandato que se rematase coa inxustiza da taxa do Servizo de Axuda a Domicilio, aledámonos de que o Goberno municipal leve adiante a eliminación desta taxa aínda que sexa in extremis

Na negociación dos orzamentos de 2017, unha das demandas claves que presentamos foi a eliminación da taxa por copagamento no Servizo de Axuda a Domicilio que, naquela altura lembrabamos, fora aprobada polo Partido Popular nada máis chegar a María Pita e que constituía unha auténtica barreira económica para que as persoas demandantes deste servizo solicitasen todas as horas que precisaban

É unha boa nova mais agardamos ter máis información nesta semana e coñecer a documentación complementaria e como se vai producir o trámite plenario que converta este anuncio nunha realidade

Por fin o Goberno municipal formula a posibilidade de eliminar o copagamento do SAD

Diante do anuncio por parte do Sr. Ferreiro da inminente eliminación da taxa do Servizo de Axuda a Domicilio, e logo de exixir durante os tres anos de medio de mandato que se rematase coa inxustiza da taxa do Servizo de Axuda a Domicilio, aledámonos de que o Goberno Municipal vaia levar adiante a eliminación desta taxa aínda que sexa in extremis.

Na negociación dos orzamentos de 2017, unha das demandas claves que presentamos foi a eliminación da taxa por copagamento no Servizo de Axuda a Domicilio que, naquela altura lembrabamos, fora aprobada polo Partido Popular nada máis chegar a María Pita e que constituía unha auténtica barreira económico para que as persoas demandantes deste servizo solicitasen todas as horas que precisaban.

Reivindicámolo na tramitación das ordenanzas fiscais de 2017 na que demandabamos a derrogación da taxa por copagamento do SAD, tal e como sinalabamos a finais de outubro do ano 2016, e que diante das reiteradas manifestacións do Goberno local sobre a “imposibilidade de facelo” acabamos por exixir que nos orzamentos dese mesmo ano se incluíse unha partida orzamentaria para artellar axudas para o pagamento da taxa do Servizo de Axuda a Domicilio, que finalmente foi o que se recolleu no modificativo M3/0217, algo que tamén sinalabamos o 19 e do 21 de abril de 2017.

Por último, no mes de setembro, volvíamos lembráballe á Marea Atlántica o seu compromiso adquirido no M3/2017 co gallo da publicación no BOP do calendario de ingresos voluntarios das taxas por prestación do servizo de axuda a domicilio.

Cremos, finalmente, que é unha boa nova mais agardamos ter máis información esta semana e coñecer a documentación complementaria e como se vai producir o trámite plenario que converta este anuncio nunha realidade.

A Coruña, 18 de decembro de 2018.