FEMINICIDIO

Exiximos que o Xulgado de Violencia Machista non peche cando o seu titular non estea no xulgado

Ana Pontón, Avia Veira e Vitoria Louro no inicio da campaña que realizamos no verán para reclamar a apertura permanente deste xulgado
Ana Pontón, Avia Veira e Vitoria Louro no inicio da campaña que realizamos no verán para reclamar a apertura permanente deste xulgado

No Pleno ordinario de febreiro trasladamos unha moción para garantir unha atención xudicial axeitada ás vítimas da violencia machista no Xulgado de Violencia sobre a Muller na Coruña.

O motivo desta suspensión e que o xuíz titular, exercendo o seus dereitos laborais, asistiu en Madrid a un curso de formación.

Exiximos que a Xunta de Galiza se implique e deixe o conformismo coas decisións do Goberno central xa que logo lembramos que no mes de xaneiro de 2017, hai xa un ano, todas as forzas políticas galegas reclamamos no Parlamento máis medios para os xulgados e mellorar a asistencia xudicial. A Xunta é responsábel do que está acontecendo coa falta de medios porque nin reclama nin presiona sobre esta competencia.

Exiximos que o Xulgado de Violencia Machista non peche cando o seu titular non estea no xulgado

No Pleno ordinario de febreiro trasladamos unha moción para garantir unha atención xudicial axeitada ás vítimas da violencia machista no Xulgado de Violencia sobre a Muller na Coruña.

O Xulgado de Violencia da Muller da Coruña suspendeu entre o 30 de xaneiro e o 2 de febreiro pasados os seus xuízos e declaracións programadas desde fai meses. En total, segundo diversas informacións periodísticas, seis xuízos e unha trintena de declaracións, que fican adiados 4 meses.

O motivo desta suspensión e que o xuíz titular, exercendo o seus dereitos laborais, asistiu en Madrid a un curso de formación.

Esta situación non foi illada xa que logo no verán do ano pasado, tamén estivo sen xuíz ao gozar o titular do correspondente mes de vacacións. Naquel momento o propio Ministerio de Xustiza argumentaba que naquel momento non “había orzamento reservado” para pagar o salario de xuíces e xuízas substitutas.

A carencia do xuíz do Xulgado de Violencia da Muller da Coruña afecta gravemente a protección e seguridade e funcionamento da xustiza nun ámbito tan importante como é a loita contra a violencia de xénero e non é de recibo que non haxa un ou unha xuíza substita para manter abertos os xulgados de xénero os doce meses do ano. A violencia de xénero é exercida durante todos os días do ano, polo que os medios para loitar contra ela deben ser efectivos os 365 días tamén, e o peche do xulgado da Coruña, por períodos de vacacións, por baixas laborais, por cursos de formación ou polo mesmo feito de que o seu titular exerza os seus dereitos laborais e teña ou queira ausentarse está a provocar a dilatación de xuízos, declaracións, ditaminación de sentenzas con ordes de afastamento etc, cando, por desgraza, hai vidas que dependen destas medidas.

Exiximos que a Xunta de Galiza se implique e deixe o conformismo coas decisións do Goberno central xa que logo lembramos que no mes de xaneiro de 2017, hai xa un ano, todas as forzas políticas galegas reclamamos no Parlamento máis medios para os xulgados e mellorar a asistencia xudicial. A Xunta é responsábel do que está acontecendo coa falta de medios porque nin reclama nin presiona sobre esta competencia.

É por todo isto que solicitamos o acordo dos grupos con representación no Pleno para instar a Xunta de Galiza a que realice as xestións oportunas e exixa que o Ministerio de Xustiza garanta a substitución dos e das profesionais da xustiza no Xulgados de Violencia sobre a Muller na Coruña cando sexa preciso, de maneira que cando o xuíz titular deste queira exercer os seus dereitos laborais, estea garantida unha atención xudicial axeitada ás vítimas da violencia machista.

Tamén instar a Xunta de Galiza a modificar os créditos necesarios dos seus vixentes orzamentos para dotar coas partidas precisas ao Xulgado de Violencia de Xénero da Coruña para que estea garantida tanto a xestión dos medios persoais como os materiais da Administración de Xustiza en Galiza e instar o Goberno galego a que tome medidas urxentes para dotar de persoal especializado as unidades de atención psicolóxica dos xulgados de violencia machista tal e como aparece recollido na Lei 11/2007 de prevención e tratamento integral de violencia de xénero e na mesma liña no Estatuto de Vítima, e, consecuentemente, trasladar ao presidente da Xunta de Galiza e ao Ministerio de Xustiza sendos acordos.