REXENERACIÓN URBANA

Exiximos a revisión minuciosa das compras dos pisos realizadas polo Concello

Exterior da rúa Joaquín Martín onde está situado un dos pisos con irregularidades no proceso de adquisición
Exterior da rúa Joaquín Martín onde está situado un dos pisos con irregularidades no proceso de adquisición

Propomos na Comisión de Rexeneración Urbana que se revise todo o proceso do concurso de compra de vivendas aplicándose axeitadamente as bases que o rexeron

Cómpre esta revisión porque o incumprimento das medidas das vivendas non se debeu á interpretación máis ou menos literal das normas do concurso senón a que o propio Concello non aplicou as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo ofertas e mercando dous pisos que non tiñan os metros cadrados sinalados na condición décima e polo tanto influíu na libre concorrencia

Exiximos a revisión minuciosa das compras dos pisos realizadas polo Concello

Manifestamos na sesión extraordinaria da Comisión de Rexeneración Urbana que se revise todo o proceso do concurso de compra de vivendas aplicándose axeitadamente as bases que o rexeron.

Cómpre esta revisión porque o incumprimento das medidas das vivendas non se debeu á interpretación máis ou menos literal das normas do concurso senón a que o propio Concello non aplicou as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo ofertas e mercando dous pisos que non tiñan os metros cadrados sinalados na condición décima e polo tanto restrinxiu na libre concorrencia.

Deste xeito sinalamos que non se trata de anular o proceso senón de revisar todas as ofertas, as admitidas e as rexeitadas, en función da literalidade das bases que rexeron o concurso público de compra de vivendas.

Cremos que non cómpre unha fuxida para adiante con isto. O máis prudente e o que menos pon en risco a libre concorrencia é revisar o proceso para proceder a aplicar axeitadamente as bases que o rexeron.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2018.

 

Noticias relacionadas: