POBREZA ENERXÉTICA

A enerxía ao servizo do pobo!

Momento da concentración e reparto diante de Gas Natural Fenosa
Momento da concentración e reparto diante de Gas Natural Fenosa

Realizamos na mañá do venres 3 de febreiro un reparto demandando a tarifa eléctrica galega e o IVE superreducido do 4% para a factura da luz

 Esta actividade, realizada diante das oficinas de Gas Natural Fenosa de Xoán Flórez, enmárcase dentro da nosa proposta presentada esta semana pola nosa portavoz nacional Ana Pontón

As administracións non poder quedar paradas ante a situación diaria de miles de persoas que no noso país non poden acender as calefaccións nas súas casas: reducir o IVE na factura da luz  do 21 % ao 4 %, acompañado dunha tarifa eléctrica galega, significaría rebaixar unha factura de 150 euros a 100 euros. É por iso que entendemos que as declaracións feitas polo Sr. Feijóo no Parlamento son indignantes e amosan até que punto está illado da realidade e son insensíbeis coa situación do pobo

A enerxía ao servizo do pobo!

Realizamos na mañá do xoves 3 de febreiro un reparto diante das oficinas de atención ao cliente de Gas Natural Fenosa demandando a tarifa eléctrica galega e o IVE superreducido do 4 % para a factura da luz, enmarcado dentro das nosas actividades previstas despois de que esta semana a nosa portavoz nacional Ana Pontón anunciara estas propostas.

No reparto, a nosa concelleira na Coruña, Avia Veira, denunciou “as políticas neoliberiais que está a sufrir Galiza e o pobo, caracterizadas neste caso, polo espolio dos recursos naturais do noso país para beneficio duns poucos a través da especulación dos prezos da enerxía. Isto prodúcese ademais en conivencia e complicidade cos sucesivos gobernos no Estado do PP e do PSOE, e que podemos exemplificar na famosa porta xiratoria e cos múltiples ex-cargos destes partidos que hoxe en día sentan nos consellos de administración das subministradoras de enerxía, tal e como aconteceu esta semana co Sr. Fernández de Mesa.

Deste xeito, lembramos con esta proposta que Galiza é excendentaria en produción eléctrica, demandamos que as galegas e galegos teñan dereito a beneficiarse da produción de enerxía, isto é a través dunha tarifa eléctrica propia que permitiría prezos máis baratos e xustos, e que sería un revulsivo á hora de crear emprego e acabar coa pobreza enerxética.

Asemade, denunciamos que ao encarecemento da luz hai que lle sumar o canon eólico que impuxo Feijóo e que suporá un incremento de 13 euros máis ao ano. Esta decisión cualifícámola como un erro garrafal xa que supuxo eliminar o concurso eólico e renunciar á participación pública nos parques eólicos, o que provocou un parón do desenvolvemento das renovábeis e a perda de miles de postos de traballo, ademais de que as galegas e os galegas paguemos a luz máis cara que o resto do estado.

As administracións non poder quedar paradas ante a situación diaria de miles de persoas que no noso país non poden acender as calefaccións nas súas casas: reducir o IVE na factura da luz do 21 % ao 4 %, acompañado dunha tarifa eléctrica galega, significaría rebaixar unha factura de 150 euros a 100 euros. É por iso que entendemos que as declaracións feitas polo Sr. Feijóo no Parlamento son indignantes e amosan até que punto está illado da realidade e son insensíbeis coa situación do pobo.

Debemos erradicar a situación de pobreza enerxética que están a sufrir moitas galegas e galegos despois da vaga de frío das últimas semanas enfronte das continuas subidas da factura da luz que as empresas están aplicando.

A Coruña, 3 de febreiro de 2017