ROGO DO BNG PARA A EMPRESA DE TITULARIDADE MUNICIPAL RESPECTAR O TOPÓNIMO OFICIAL DA CIDADE

EMALCSA ten que estar en galego

Aínda hoxe a compañía de titularidade municipal Empresa Municipal de Aguas de La Coruña Sociedad Anónima ten o nome en castelán e inclúe a forma deturpada do topónimo da nosa cidade, como resulta evidente no acrónimo EMALCSA.
EMALCSA ten que estar en galego

É por isto que o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai presentar un rogo no pleno deste xoves 5M para o Goberno Local modificar a razón social de EMALCSA “co obxecto de que o nome oficial e legal da empresa estea en galego e se utilice A Coruña, única forma oficial e legal do topónimo da nosa cidade”.

Razoa o voceiro nacionalista que “as institucións e o Concello da Coruña en particular deben ser exemplares no compromiso coa normalización do uso social do noso idioma e no respecto á legalidade”.

Nese sentido, lembra Jorquera que de acordo coa Lei 3/1983 de Normalización Lingüística “os topónimos terán como única forma oficial á galega”, polo que non ten ningún amparo legal que EMALCSA manteña na súa denominación o nome deturpado “La Coruña”.

Neste mesmo pleno, o BNG, en concreto a concelleira Avia Veira, vaille dirixir tamén unha pregunta oral ao Goberno Local para interesarse pola elaboración da Ordenanza do Galego, un dos compromisos asinados polo PSdeG coa formación nacionalista como parte do Acordo de Investidura que permitiu a chegada de Inés Rey á Alcaldía.

EMALCSA ten que estar en galego