DE NOVO UN EXEMPLO DE DISCRIMINACIÓN PARA GALIZA, ACATADA OBEDIENTEMENTE POR FEIJÓO

Pedimos que o Goberno local faga ouvir as coruñesas e convoque a consulta popular sobre os terreos portuarios

Pancarta colocada no balcón do Concello da Coruña
Pancarta colocada no balcón do Concello da Coruña

A actitude do presidente de Portos do Estado é un oprobio para A Coruña e para Galiza e  Feijóo é cómplice diso

Llorca veu confirmar unha nova discriminación para Galiza, acatada por Feijóo obedientemente, pola que o noso país queda discriminado fronte a outras zonas do Estado: confirmou que o Porto Exterior da Coruña de ningunha das maneiras vai ser financiado cos fondos do Estado –tal e como aconteceu en Xixón- que os terreos do porto cando estean desafectados non van ser cedidos ao Concello–como aconteceu en Barcelona ou Valencia- e que tampouco se lles vai dar ningún uso produtivo -como aconteceu en Bilbao-

Dado o pretendido silenciamento da Coruña, desde o Grupo Municipal do BNG pedimos que o Goberno do Sr. Ferreiro faga ouvir a voz das coruñesas e dos coruñeses e realice a consulta popular sobre o futuro do terreos portuarios

Pedimos que o Goberno local faga ouvir as coruñesas e convoque a consulta popular sobre os terreos portuarios

A Coruña, 26 de outubro de 2017. Se para o BNG o que fixo Feijóo na Coruña hai dúas semanas foi unha deslealdade absoluta para coa Coruña, o que fixo Llorca, presidente de Portos do Estado culmina un auténtico oprobio do que é cómplice o presidente do Executivo galego.

Se nas semanas pasadas desde o Bloque criticabamos o escurantismo co que se xestara o acordo con Feijóo, hoxe consideramos que o que se pretendeu desde un primeiro momento foi excluír o Concello da Coruña de calquera posíbel acordo canto aos terreos portuarios. Estase a demostrar que o Estado español pretende que o Concello da Coruña non pinte nada nas decisións relativas ao Porto e que asuman os convenios de 2004.

Para nós, o Estado Español está a apostar pola construción de novas vivendas nunha cidade na que se contan por milleiros as que están baleiras e insiste nunha economía puramente especulativa cando os terreos portuarios poderían ser un espazo da usos mixtos: usos produtivos relacionados co I+D+i e a economía marítimo-pesqueira, espazos libres, equipamentos e sobre todo para crear un lugar onde articular un verdadeiro transporte metropolitano marítimo e ferroviario, aproveitando as infraestruturas xa existentes.

Desde o Bloque, entendemos que hoxe Llorca veu confirmar unha nova discriminación para Galiza, acatada por Feijóo obedientemente, pola que o noso país queda discriminado fronte a outras zonas do Estado: así confirmou que o Porto Exterior da Coruña de ningunha das maneiras vai ser financiado cos fondos do Estado –tal e como aconteceu en Xixón- que os terreos do Porto non van ser cedidos ao Concello cando estean desafectados –como aconteceu en Barcelona ou Valencia- e que tampouco se lles vai dar ningún uso produtivo -como aconteceu en Bilbao-.

Por último, dado o pretendido silenciamento da Coruña, desde o Grupo Municipal do BNG pedimos que o Goberno do Sr. Ferreiro faga ouvir a voz das coruñesas e dos coruñeses e realice a consulta popular sobre o futuro do terreos portuarios.