ORZAMENTOS MUNICIPAIS

Descartadas en tempo récord as nosas propostas para mellorar o orzamento

Avia Veira e Manel Méndez presentando as emendas aos orzamentos do Concello de 2018
Avia Veira e Manel Méndez presentando as emendas aos orzamentos do Concello de 2018

Ao Goberno municipal fixéronlle falla apenas 48 h e nin unha soa chamada para resolver as alegacións presentadas por nós

Chámanos poderosísimamente a atención a rapidez coa que o Goberno resolveu as reclamacións, en tan só 24 desde que rematara o prazo para facelo, cando a lei dá un mes de prazo: vese que tiñan moitas ganas de sumar e de chegar a algún tipo de acordo para incluír as nosas propostas. Aínda ben que a concelleira de Facenda nos sinalou en Pleno que a oposición tamén está para facer propostas

Sen chamada nin conversas de por medio entendemos que a Marea Atlántica desiste de poñer e marcha o carril bus, facer a consulta pública sobre os terreos portuarios, modificar a ordenanza da Renda Social Municipal para chegar a máis xente, ou elaborar un Plan de Inclusión Social

A Marea Atlántica terá que explicar publicamente por que renuncian ao seu propio programa electoral desestimando as alegacións propostas por nós e por que desbota novos investimentos nos barrios

Descartadas en tempo récord as nosas propostas para mellorar o orzamento

En relación coa pronta resolución das alegacións presentadas ao orzamento, con cabe máis que amosar a nosa sorpresas porque ao Goberno local lle fixeran falla apenas 48 horas e nin unha soa chamada para resolver as alegacións presentadas por nós.

Vese que tiñan moitas ganas de sumar e de chegar a algún tipo de acordo para incluír as nosas propostas. Aínda ben que a concelleira de Facenda nos sinalou en Pleno que a oposición tamén está para facer propostas.

É salientábel a rapidez coas que o Goberno resolveu as reclamacións, en tan só 24 desde que rematara o prazo para facelo, cando a lei dá un mes de prazo.

Sen chamada nin conversas de por medio entendemos que a Marea Atlántica desiste de poñer e marcha o carril bus, facer a consulta pública sobre os terreos portuarios, modificar a ordenanza da Renda Social Municipal para chegar a máis xente, a elaborar un Plan de Inclusión Social ou a facer novos investimentos en barrios como Monte Alto, Novo Mesoiro, San Pedro de Visma ou As Xubias etc.

A Marea Atlántica terá que explicar publicamente por que renuncian ao seu propio programa electoral desestimando as alegacións  propostas por nós e por que desbota novos investimentos nos barrios.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2018.

 

Noticias relacionadas: