SERVIZOS SOCIAIS

Demandamos os datos completos de Servizos Sociais

Venda ambulante na rúa Real
Venda ambulante na rúa Real

Instamos a área de Xustiza Social a que publique a súa memoria de xestión completa

Demandamos do Executivo da Marea que deixe de publicar a través de notas de prensa datos parciais e escollidos do funcionamento dos servizos sociais e que fagan público o conxunto da xestión

O Goberno municipal debera estar máis preocupado por elaborar e implementar o Plano de Inclusión Social, ou realizar o proceso de descentralización dos servizos sociais devolvéndoos aos centros cívicos municipais antes do remate do mandato, na vez de agasallarnos a diario con cifras illadas e totalmente descontextualizadas, que non amosan a realidade da xestión no seu conxunto

Demandamos os datos completos de Servizos Sociais

Demandamos que a área de Xustiza Social publique a memoria de xestión completa.

Neste sentido queremos que o Executivo da Marea deixe de publicar a través de notas de prensa datos parciais e escollidos do funcionamento dos servizos sociais e que fagan público o conxunto da xestión.

Un goberno que se gabou desde a campaña electoral de querer «abrir as portas e as ventás de María Pita», chegando a afirmar que «era necesario que correra o aire e comezara un novo tempo de transparencia» non pode a estas alturas de mandato agocharse a través de comunicados públicos, e por medio de listaxes estatísticas, de supostos logros na área de Xustiza Social, cando aínda fican pendentes por cumprir moitas das súas promesas electorais e, sobre todo, aplicar con valentía unha transformación real das políticas en servizos sociais.

Así, lembramos que fica pendente que o Concello da Coruña se dote dun Plano de Inclusión, que fora elaborado pola propia concellaría de Xustiza Social e Coidados, e non pola vía da externalización como se pretendeu realizar a través da Fundación Emalcsa, ou tamén devolver aos barrios os servizos sociais que foron centralizados no mandato do Partido Popular, algo que as propias nacionalistas levan demandando a través de diversas iniciativas no Pleno desde o comezo do presente mandato.

O Goberno municipal debera estar máis preocupado por elaborar e implementar o Plano de Inclusión Social, ou realizar o proceso de descentralización dos servizos sociais devolvéndoos aos centros cívicos municipais antes do remate do mandato, na vez de agasallarnos a diario con cifras illadas e totalmente descontextualizadas, que non amosan a realidade da xestión no seu conxunto.

A Coruña, 24 de abril de 2018.

 

Noticias relacionadas: