MOBILIDADE

Unha débeda histórica saldada que deberá ser acompañada dunha restitución patrimonial

Rúa Nosa Señora do Rosario na Cidade Vella con coches estacionados en ambos marxes
Rúa Nosa Señora do Rosario na Cidade Vella con coches estacionados en ambos marxes

Como non podería ser doutro xeito a inmediata peatonalización da Cidade Vella é unha boa nova e unha débeda pendente da nosa cidade. Mais iso non nos debe confundir polo que entendemos que se debe dar prioridade ás súas persoas residentes en canto ao aparcamento en superficie, a aclarar o papel futuro dos aparcamentos públicos de xestión concesionada da contorna e, por suposto, abrir a entidades, partidos e particulares o proxecto que finalmente sexa o que se pretenda executar para facer achegas e aportacións”

Consideramos que a peatonalización da Cidade Alta redundará na súa revitalización e considera que debe ir parella a un proceso de rehabilitación integral que transforme o casco vello nunha zona referencial da Coruña

Unha débeda histórica saldada que deberá ser acompañada dunha restitución patrimonial

Vimos  de valorar positivamente o inminente proceso de converter o conxunto da Cidade Vella nun espazo de preferencia peonil, e consideramos que esta actuación urbanística é un proxecto que desde hai décadas ficaba pendente na nosa Cidade.

Neste sentido, cremos que, precisamente ao tratarse dunha aposta decidida por unha rexeneración urbana integral, o proxecto debe ser o suficientemente flexíbel e dinámico como para poder facer partícipe ao conxunto de entidades, partidos e particulares, facilitando a proposta de achegas e aportacións, e que conte coa máxima participación do conxunto de veciñas e veciños residentes da Cidade Alta.

Así, xa adiantamos que traballaremos en facer propostas que redunden no proxecto, e entendemos que se debe dar prioridade ás persoas censadas na Cidade Vella para resolver o aparcamento en superficie, polo que propoñemos que se estude xa a posibilidade de que as zonas de preferencia para estas estean situadas na zona da Maestranza, e non no lateral do Centro Oceanográfico, tal e como xa se adiantou nas primeiras propostas para solucionar o estacionamento.

No mesmo sentido, tamén entendemos que se debe implicar no proceso aos distintos aparcamentos públicos, que na actualidade teñen a súa xestión en mans de empresas privadas, xa que logo os beneficios que se obteñen destas xestións deben reverter na propia peatonalización e facilitar que as prazas que hoxe en día están libres se empreguen para dar alternativa ao aparcamento ao se suprimir a grande maioría dos espazos de superficie.

Como non podería ser doutro xeito a inmediata peatonalización da Cidade Vella é unha boa nova e unha débeda pendente da nosa cidade. Mais iso non nos debe confundir polo que entendemos que se debe dar prioridade ás súas persoas residentes en canto ao aparcamento en superficie, a aclarar o papel futuro dos aparcamentos públicos de xestión concesionada da contorna e, por suposto, abrir a entidades, partidos e particulares o proxecto que finalmente sexa o que se pretenda executar para facer achegas e aportacións.

Por último, tamén consideramos que a peatonalización da Cidade Alta redundará na súa revitalización e consideramos que debe ir parella a un proceso de rehabilitación integral que transforme o casco vello nunha zona referencial da Coruña.

A nosa Cidade Alta é, mesmo para as coruñesas e coruñeses, unha grande descoñecida. A súa peatonalización debe servir para unha revitalización e rehabilitación, que dea lugar ao seu redescubrimento e a súa posta en valor. E neste proceso debemos entender que non só chega con quitar a circulación e os coches. Débese acompañar de futuras actuacións de rexeneración urbana e de recuperación patrimonial e histórica.

A Coruña, 15 de maio de 2018.