CÁRCERE PROVINCIAL

A data de caducidade da cesión do Cárcere condiciona a posibilidade de mantela aberta alén de xaneiro

Un dos momentos da reunión co colectivo Proxecto Cárcere
Un dos momentos da reunión co colectivo Proxecto Cárcere

Preguntaremos por escrito no Pleno de outubro pola continuidade das actividades no Cárcere Provincial

Mantivemos unha reunión con Proxecto Cárcere no edificio do antigo penal que na actualidade está pendente de que se lle acometa a segunda fase das obras de rehabilitación que inclúe actuacións na cuberta

En xaneiro de 2019 caduca o acordo de cesión pagado acadado entre o Concello da Coruña e a Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios (SIEP) malia que o concurso con Proxecto Cárcere chega até xuño: a través desta iniciativa que presentou o noso Grupo Municipal queremos saber que plan ten o Goberno municipal, se xa iniciou o procedemento para renovar o acordo de cesión, en que termos, se se vai volver pagar por esta cesión, se exixirá ao Goberno do Estado as partidas necesarias para que sexa este quen asuma a rehabilitación do edificio e, o que é máis importante, se a continuidade das actividades que esta facendo Proxecto Cárcere está garantido  

A data de caducidade da cesión do Cárcere condiciona a posibilidade de mantela aberta alén de xaneiro

Presentamos unha batería de preguntas para a súa resposta por escrito para o vindeiro Pleno ordinario de outubro (que podes descargar premendo aquí) a respecto da continuidade das actividades que hoxe en día se están a desenvolver nas instalacións do antigo Cárcere Provincial.

As iniciativas foron presentadas logo de manter unha reunión co colectivo Proxecto Cárcere que actualmente está a empregar o edificio do antigo penal en virtude do concurso realizado o pasado ano 2017 polo Concello da Coruña.

Deste xeito, nesta iniciativa, na que nos congratulamos de que por fin estes espazos estean sendo aproveitados e empregados para actividades sociais, asemade de servir como achegamento á historia do propio edificio, advirtimos que precisamente estes usos teñen marcado unha “data de caducidade” provisional xa que logo o acordo de cesión pagado acadado entre o Concello da Coruña e a (SIEP) para facer uso da antiga cárcere fixouse por dous anos, entre xaneiro de 2017 e xaneiro 2019, aínda que resolvéndose, no mesmo acordo, a posibilidade de poder prorrogar este uso.

Vista exterior do edificio do antigo cárcere provincial

Tamén a visita serviu para que observaramos de primeira man o estado no que se atopan as instalacións, pendentes de rehabilitación, e nun estado moi deficiente xa que logo presentan un mal estado en xeral, nomeadamente da cuberta, dos muros e das estruturas debido, en grande medida, aos anos de abandono e desafección iniciado no mandato do Partido Popular e continuados até ben avanzado este, e que dá lugar a que só se poidan empregar a zona inmediatamente adxacente á entrada principal e unhas poucas salas, lugares onde Proxecto Cárcere está desenvolvendo de xeito moi precario, mais activamente, os proxectos para os que ten formulado os usos destes espazos.

Asemade, na mesma reunión, a entidade asociativa informounos que o propio Concello se comprometeu a realizar tamén as obras necesarias de rehabilitación da instalación, que resulta que non se puideron completar na súa totalidade aínda porque se ten descuberto que os danos provocados por ese abandono de anos deu lugar a demorar o final dos traballos, ficando pendente unha segunda parte que principalmente deberá substituír a cuberta, que hoxe en día presenta deficiencias tan significativas que cando chove existen filtracións que provocan que haxa salas inutilizadas dentro do espazo que se está empregando para a realización de actividades.

En xaneiro de 2019 caduca o acordo de cesión pagado acadado entre o Concello da Coruña e a Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios (SIEP) malia que o concurso con Proxecto Cárcere chega até xuño: a través desta iniciativa que presentou o noso Grupo Municipal queremos saber que plan ten o Goberno municipal, se xa iniciou o procedemento para renovar o acordo de cesión, en que termos, se se vai volver pagar por esta cesión, se exixirá ao Goberno do Estado as partidas necesarias para que sexa este quen asuma a rehabilitación do edificio e, o que é máis importante, se a continuidade das actividades que esta facendo Proxecto Cárcere está garantido.

Por último, na iniciativa tamén solicitamos ao Goberno da Marea Atlántica que responda a se é coñecedor de que exista algún grupo no Parlamento do Estado que exixa a devolución de balde destas instalacións á cidade da Coruña e a asignación dos fondos necesarios para a súa integra rehabilitación e que condicione o seu voto a favor aos orzamentos xerais do Estado.

A Coruña, 20 de setembro de 2018.