MOBILIDADE

Dar acceso á praia antes que aos hospitais, aos polígonos ou á Universidade: está é a "mobilidade" do Goberno da Marea

Bus da Compañía de Tranvías
Bus da Compañía de Tranvías

Preguntamos ao Goberno local se entende máis prioritaria a ampliación de liña 1A para acceder ás praias de Santa Cristina que a centros sanitarios ou polígonos industriais

Rexistramos unha batería de preguntas para a súa resposta escrita para coñecer como se vai financiar a ampliación do 1A até o concello de Oleiros e como vai afectar á frecuencia desta liña

Dar acceso á praia antes que aos hospitais, aos polígonos ou á Universidade: está é a "mobilidade" do Goberno da Marea

Vimos de presentar esta mañá unha batería de preguntas (que podes descargalas premendo aquí) a respecto da ampliación da liña do bus do percorrido 1A da Compañía de Tranvías.

Así, quermos que o Executivo da Marea Atlántica explique se é máis prioritaria a ampliación desta liña, para acceder ás praias de Santa Cristina, que aos centros sanitarios ou aos polígonos industriais, tal e como varias entidades veciñais da cidade veñen demandando nos últimos meses e que mesmo formularan varias recollidas de sinaturas, como foi o caso das asociacións de veciños de Novo Mesoiro e de San Pedro Visma.

Lembramos que até trece colectivos veciñais e outro de persoas con discapacidade e diversidade funcional, trasladaron ao Goberno municipal, despois de manter diversas reunións de traballo entre elas, a necesidade de contar con novas rutas e mellores conexiones, exixindo enlaces coas zonas sanitarias, nomeadamente CHUAC e Teresa Herrera, coa Universidade e cos polígonos industriais de Agrela e Pocomaco. Nesas reunións constatouse unha necesidade real e urxente de mudar, en beneficio das persoas e atendendo ás súas necesidades, un mapa de liñas que a Área de mobilidade se comprometeu en presentar o mes pasado. Pois ben, agora, parece ser que a prioridade da Marea Atlántica non está en facilitar eses servizos, senón facilitar o acceso ás praias de Oleiros.

Deste xeito, na nosa iniciativa preguntamos como se vai a financiar a ampliación da liña 1A, e como vai afectar á súa frecuencia. Asemade, preguntámonos se foi necesaria a sinatura dun convenio para facer efectiva esta ampliación e as razóns para conformar de xeito tan inmediato este novo percorrido da liña.

Queremos que o Goberno da Marea explique á veciñanza, e nomeadamente ao conxunto de entidades que se reuniron e fixeron unha serie de propostas debidamente  argumentadas, o por que da celeridade en aprobar a modificación da liña 1A en comparación coa súa propia indiferenza ás súas demandas a respecto dos centros sanitarios e de traballo e se cre prioritario que un bus que vaia ás praias fronte a estas reivindicacións. E tamén queremos que explique con quen chegou a acordos ou estableceu, se fixo tal, un convenio para esta modificación de xeito tan repentino.

A Coruña,  14 de maio de 2018.