SERVIZOS SOCIAIS

O contrato do SAD I caducou este verán e non existen prazos para a nova licitación

Un dos momentos da reunión celebrada coas traballadoras que están no SAD I
Un dos momentos da reunión celebrada coas traballadoras que están no SAD I

Presentaremos en pleno unha iniciativa para que o Goberno municipal da Marea aclare para cando pensa ofertar o Servizo de Atención a Domicilio Lote 1

Mantivemos esta mañá unha reunión coa representación de persoal da empresa que está desenvolvendo até o de agora este servizo

As traballadoras e os traballadores do servicio e as persoas que son atendidas diariamente están nunha clara situación de incerteza na actualidade: o contrato rematou este verán e ninguén lles aclarou, desde a empresa ou desde o Executivo local, como se vai resolver a nova licitación. Por riba, o Concello deberá pagar baixo factura o mantemento da prestación mentres non se asine o novo contrato. A desastrosa xestión deste lote do SAD únese a outros precedentes doutros servizos que foron caducando sen que desde o Goberno se procedese a preparar con tempo a nova licitación. Isto é intolerábel

O contrato do SAD I caducou este verán e non existen prazos para a nova licitación

Despois de nos reunir esta mañá cunha representación de persoal da empresa que na actualidade está a desenvolver o Servizo de Atención a Domicilio Lote 1, anunciamos que presentaremos ao vindeiro pleno unha pregunta para a súa resposta oral para que o Executivo da Marea Atlántica aclare que pensa facer con este servizo, xa que logo, e segundo xa temos denunciado en semanas pasadas, o contrato de prestación caducou este verán.

Deste xeito, exixiremos ao Goberno local que explique por que deixou caducar o contrato, que fora prorrogado por dous anos o 22 de abril de 2016 en Xunta de Goberno, logo de se aplicar, en virtude da propia contratación realizada en 2014, o acordo mutuo entre a empresa prestadora do servizo e o Concello para efectivizar este período prorrogado.

Do mesmo modo, tamén interpelaremos para que se aclare para cando se pensa sacar o novo prego de contratación e en que condicións se sacará, xa que lembramos que a situación actual está a provocar unha situación de incerteza nas traballadoras e traballadores do servizo e as propias persoas usuarias que son atendidas todos os días.

Por último, cabe recordar que este servizo ten un orzamento anual de case millón e medio de euros, polo que a prestación sen contratación e baixo factura suporá para as arcas municipais o desembolso mensual de cantidades superiores aos 120.000 euros, noutro exemplo mais de como o Executivo deixa rematar unha concesión sen ter realizado a xestión para unha nova contratación.

As traballadoras e os traballadores do servicio e as persoas que son atendidas diariamente están nunha clara situación de incerteza na actualidade: o contrato rematou este verán e ninguén lles aclarou, desde a empresa ou desde o Executivo local, como se vai resolver a nova licitación. Por riba, o Concello deberá pagar baixo factura o mantemento da prestación mentres non se asine o novo contrato. A desastrosa xestión deste lote do SAD únese a outros precedentes doutros servizos que foron caducando sen que desde o Goberno se procedese a preparar con tempo a nova licitación. Isto é intolerábel.

A Coruña, 18 de setembro de 2018.