REXENERACIÓN URBANA

Se o Consultivo determina que algunha adquisición das vivendas é nula haberá que contraer responsabilidades

Exterior da rúa Joaquín Martín onde está situado un dos pisos adquirido con irregularidades no proceso de adquisición
Exterior da rúa Joaquín Martín onde está situado un dos pisos adquirido con irregularidades no proceso de adquisición

O Goberno municipal debe ser valente, asumir o votado no pleno e, se non ten nada que agochar, enviarlle ao Consultivo o conxunto do expediente para que sexa este que determine os actos de adquisición de inmóbeis son nulos

Ten que ser o Consultivo quen determine cal das adquisicións é nula e non as que filtrou o propio Goberno Municipal

É incomprensíbel que o alcalde diga que ninguén asumirá responsabilidades políticas se o Consultivo determina que son nulas algunhas das adquisicións de vivendas para o aluguer social

Se o Consultivo determina que algunha adquisición das vivendas é nula haberá que contraer responsabilidades

Diante das confusión acerca das declaracións do Goberno municipal sobre o que se enviará ou non ao Consello Consultivo de Galiza, cremos que o Goberno municipal debe ser valente, asumir o votado no pleno e enviarlle ao Consultivo o conxunto do expediente para que sexa este que determine os actos de adquisición de inmóbeis son nulos.

Así mesmo, manifestamos que se o Goberno local non ten nada que agochar que envíe o conxunto do expediente e que sexa o Consultivo quen determine cal das adquisicións é nula e non as que filtra o propio Goberno Municipal.

É incomprensíbel que o alcalde diga, de primeiras, que ninguén asumirá responsabilidades políticas se o Consultivo determina que son nulas algunhas das adquisicións de vivendas para o aluguer social.

A Coruña, 13 de abril de 2018.

 

Noticias relacionadas: