URBANISMO

Consideramos escandalosa a externalización licitada esta semana para as áreas de infraestruturas e edificacións

Edificación a medio realizar nunha construción na nosa cidade
Edificación a medio realizar nunha construción na nosa cidade

Voltamos en denunciar que se están a tirar cartos públicos para labores que poderían realizarse por persoal do Concello e preguntámosnos cal é o motivo real para que se externalice o labor de “apoio e supervisión” aos técnicos municipais en ambas áreas

Logo de se publicar no BOP e colgarse no perfil do contratante da paxina web do concello, a licitación, por case 200.000 euros, para o servizo de asistencia técnica para apoio na elaboración de informes de supervisión de proxectos por parte de técnicos municipais, entendemos que, ou non existe persoal suficiente en infraestruturas e edificación, ou o que é peor, que o Goberno municipal, ou ben non se fía das e dos traballadores desas áreas, ou entende que empresas privadas do sector do urbanismo e a da edificación van realizar o traballo mellor que o persoal municipal

Consideramos escandalosa a externalización licitada esta semana para as áreas de infraestruturas e edificacións

Logo de saír publicada esta semana no BOP a licitación por case 200.000 euros (198.347,11 €) para o servizo de asistencia técnica para apoio na elaboración de informes de supervisión de proxectos por parte de técnicos municipais, amosamos a nosa sorpresa no que consideramos unha “escandalosa” externalización nas áreas de infraestruturas e edificación na concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda.

É que entendemos que, doutra volta, se están a tirar cartos públicos para traballos que ben poden ser resoltos por persoal do propio concello da Coruña e preguntámosnos cal pode ser o motivo real para que o Goberno da Marea Atlántica saque a licitación o “apoio e supervisión” aos técnicos municipais en ambas áreas.

Asemade, e remitíndonos aos pregos de cláusulas técnicas e administrativas, as empresa adxudicatarias terán por labor traballos “que consistirán na realización das actividades (comprobacións, verificacións de listados, cálculos, medicións etc) previas ao informe de supervisión que redactará e firmará o técnico municipal competente designado ao efecto sobre os Proxectos promovidos polo Excmo. Concello da Coruña, que sexan requiridos pola Oficina de Supervisión de Proxectos do Concello da Coruña”, é dicir, realizarán previamente o traballo que ten que realizar o propio persoal municipal para validar calquera proxecto para logo poder ser executado.

E advertimos que esta licitación, dividida en dous bloques, cadanseu para cada área, se realiza por un período de dous anos, coa posibilidade de ser prorrogábeis para outros dous máis, e dicir, que como máximo estará vixente até o ano 2021.

Por iso, logo de se publicar no BOP e colgarse no perfil do contratante da paxina web do concello, a licitación, por case 200.000 euros, entendemos que, ou non existe persoal suficiente en infraestruturas e edificación, ou o que é peor, que o Goberno municipal, ou ben non se fía das e dos traballadores desas áreas, ou entende que empresas privadas do sector do urbanismo e a da edificación van realizar o traballo mellor que o persoal municipal. É por iso que demandamos do Executivo local que dea cumprida explicación de esta licitación e conte publicamente os motivos reais da mesma

A Coruña, 04 de marzo de 2017