O Concello autoexclúese do que lles esixe a empresas e particulares en materia de ruído por obras

O Concello autoexclúese do que lles esixe a empresas e particulares en materia de ruído por obras

A Coruña, 8 de xaneiro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG salienta que o Concello da Coruña autoexclúese do que lles exixe aos demais en canto a obras susceptíbeis de producir ruídos no proxecto de ordenanza de protección contra a contaminación acústica, aprobada en Xunta de Goberno Local extraordinaria no día de onte e que se levará para a súa aprobación inicial no pleno do martes da vindeira semana.

Como pon de manifesto o artigo 50.1, primeiro parágrafo, 50.2 e 50.3 do proxecto de ordenanza de protección contra a contaminación acústica, o Concello exíxelles aos particulares e ás empresas o cumprimento inmediato da normativa en obras susceptíbeis de producir ruídos. Así o artigo 50.1, primeiro parágrafo, sinala que “en las obras y trabajos de construcción, reconstrucción, rehabilitación y ampliación o derribo de edificios, construcciones e instalaciones o infraestructuras, así como las que se realicen en la vía pública, no se autorizará la utilización de maquinaria que no se ajuste a la legislación vigente en cada momento o no sean utilizadas en las condiciones correctas de funcionamiento”. E o punto 2 do mesmo artigo 50 di que “los sistemas o equipos complementarios y auxiliares, tales como grupos electrógenos, utilizados en cualquier tipo de obra, deberán ser los técnicamente menos ruidosos y su manipulación será la más correcta para evitar la contaminación acústica”. Por último, o art 50.3 indica que “todos los equipos y maquinaria susceptibles de producir ruidos y vibraciones empleados en las obras y trabajos a que se refiere el apartado 1 de este artículo deberán cumplir lo establecido en la normativa sectorial que resulte de aplicación y, en particular, la maquinaria de uso al aire libre, con las prescripciones del Real Decreto 212/2002, de 22 de febrero, por el que se regulan las emisiones sonoras en el entorno debidas a determinadas máquinas de uso al aire libre, o norma que lo sustituya. La utilización de todos los sistemas o equipos complementarios será la más adecuada para reducir la contaminación acústica”.

O Concello, con calma e sen prazos

O BNG salienta que mentres o Concello esíxelles aos demais a execución da normativa en materia de ruídos por obras da ordenanza, autoexclúese, tomando a súa execución con calma e sen prazos. Así no artigo 50.1, parágrafo segundo, da ordenanza sinálase que o Concello da Coruña “promoverá, con carácter general, el uso de maquinaria y equipos de baja emisión acústica, y, en particular, fomentará dicho tipo de maquinaria en el ámbito de la contratación pública de obras, suministros y prestación de servicios (limpieza pública y recogida de residuos sólidos urbanos, mantenimiento de parques y jardines, etc)”.

Mesmo para a eliminación progresiva de bandas rugosas existentes e a súa substitución por outros elementos que garanticen a sinalización dos límites de velocidade, o Concello non marca ningún prazo como ben recolle tamén o parágrafo segundo do art. 50.1, “de igual forma, procederá progresivamente á eliminación de bandas rugosas existentes e a súa substitución por outros elementos que garanticen a sinalización dos límites de velocidade.

O BNG denuncia que o Goberno municipal, en materia de ruídos por obras, aplica aquilo de que "para os demais (particulares e empresas) xa, mentres que para min mellor con calma e sen prazos".

O Concello autoexclúese do que lles esixe a empresas e particulares en materia de ruído por obras