PERSOAS REFUXIADAS

Comezou hoxe o segundo campamento de persoas refuxiadas de Acampa

Carpa do BNG instalada no segundo campamento de persoas refuxiadas Acampa
Carpa do BNG instalada no segundo campamento de persoas refuxiadas Acampa

Participamos en Acampa pola paz e o dereito ao refuxio

Queremos trasladar os nosos parabéns aos organizadores desta iniciativa que por segundo ano dá visibilidade á situación que se vive de cotiá nun campo de persoas refuxiadas desta volta coa temática do dereito ao refuxio por cambio climático

Tamén reclamamos a necesidade de reformular a política internacional ao entender que detrás do desde movemento migratorio existe unha política imperialista practicada polos países centrais da UE e polos EEUU e exiximos unha nova orde internacional baseada no respecto polos dereitos dos pobos a vivir en paz

Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento de Galiza, participará ás 20.00 h nun dos debates programados durante estes tres días de actividades

Comezou hoxe o segundo campamento de persoas refuxiadas de Acampa

Participamos da iniciativa Acampa, que hoxe comezou nos xardíns de Méndez Núñez, que pretende dar visibilidade á situación que se vive de cotiá nun campo de persoas refuxiadas en Europa, desta volta, na súa segunda edición, centrada no concepto de "refuxio por cambio climático”.

Deste xeito, queremos destacar o traballo das entidades que levaron este proxecto adiante,  unha iniciativa nacida do asociacionismo de base e de diversas organizacións que perseguen a defensa dos dereitos humanos e moi especialmente do dereito ao refuxio.

O compromiso do BNG para coas persoas refuxiadas levounos a denunciar xa en máis dunha ocasión o trato inhumano e deleznábel das autoridades europeas nestes anos para con elas. Mesmo onte, a nosa compañeira Ana Miranda, deputada no Parlamento europeo, en sesión plenaria, denunciou a hipocrisía e a actitude de Europa (podes ver o vídeo coa súa intervención neste enlace) a respecto da crise do barco Acuarius, chegando a manifestar que a propia cámara de representantes “estaba chea de xenófobos e racistas que non teñen humanidade”, algo que quedou en evidencia tras a actitude do Goberno de Italia e doutros gobernos europeos negándose a acoller as persoas abandonadas a súa sorte no Acuarius.

Neste sentido, lembramos que os concellos galegos gobernados polo BNG foron os primeiros en se ofrecer a recoller ás persoas do Acuarius, en canto se tivo noticia que o Goberno de España puxo a disposición o porto de Valencia para o atraque do barco, e, do mesmo xeito, reclamamos a necesidade de reformular a política internacional ao entender que detrás do desde movemento migratorio existe unha política imperialista practicada polos países centrais da UE e polos EEUU e exixe unha nova orde internacional baseada no respecto polos dereitos dos pobos a vivir en paz

Así, Faremos parte do evento cunha carpa propia (a número 7, preto do Teatro Colón), que contará cunha pequena exposición sobre a situación dos refuxiados e as refuxiadas por cambio climático de nacións sen estado, achegando ao evento a nosa visión internacionalista e antiimperialista..

Por último, tamén participaremos nun dos debates que se organiza durante estes 3 días coa presenza de Montse Prado, a nosa deputada do BNG no Parlamento de Galiza, que se desenvolverá hoxe mesmo a partir das 20.00 h.

A Coruña, 14 de xuño de 2017.

 

Artigos relacionados: