"A cidade volverá sufrir pola incapacidade do goberno da Marea para acordar uns orzamentos"

Avia Veira.
Avia Veira.

Avia Veira advirte que a concelleira de Facenda non fai “autocrítica” e pide á oposición que colabore “a cegas” despois de “non ter feito a tempo o seu traballo”.

"A cidade volverá sufrir pola incapacidade do goberno da Marea para acordar uns orzamentos"

“Quen vai sufrir é a cidade, que non se aproben os orzamentos non lle convén a ninguén, nin a oposición nin supoño que ao goberno, pero entidades que prestan servizos de primeira necesidade van ver atrasados de novo os convenios, polos que se xestionan asuntos de primeira necesidade para a cidadanía, e investimentos urxentes en cuestións de accesibilidade, mobilidade ou actuacións en barrios”, dixo Avia Veira, concelleira do BNG, despois de que na Comisión de Facenda desta mañá emitira un ditame desfavorábel ás contas municipais para 2019 presentadas polo goberno da Marea Atlántica.

 

A portavoz nacionalista engadiu que a concelleira “saínte” Eugenia Vieito, responsábel de Facenda, “evidencia a incapacidade do goberno municipal para facer a máis mínima autocrítica, acomodándose no vitimismo, botándolle a culpa de todo á oposición”. Veira mostrou ademais a súa sorpresa porque a concelleira lle recriminara durante a comisión que o Bloque non teña feito “achegas á cegas”. “Nós sempre fixemos achegas logo de ver os orzamentos, non facemos política a cegas... é responsabilidade do goberno e só do goberno non ter presentado o documento a tempo. A súa prioridade debera ser a cidade que vai pagar que non estea feito ese traballo a tempo”.