Carme Adán: "Galiza ten dereito a unha tarífa eléctrica propia"

Carme Adán: "Galiza ten dereito a unha tarífa eléctrica propia"

Santiago de Compostela, 28 de outubro, 2015. A parlamentaria defendeu “unha tarifa galega propia”,  a través   dunha Proposición non de  lei, e  reclamou ademais cumprir a proposta de resolución aprobada no Debate de Política xeral celebrado recentemente no Parlamento instando á Xunta a: “Demandar da multinacional Alcoa o compromiso da actividade produtiva  da fabrica coruñesa e o mantemento da totalidade dos postos de traballo, así como  unha definición dun Plan industrial que garanta os investimentos necesarios nun marco de colaboración coa Xunta de Galiza para concretar un novo sistema de prezos que favorezan a continuar ás empresas que son consumidoras de enerxía eléctrica”.

O BNG pide mudar o sistema de interrumpibilidade

Feminicidio-1Hoxe, dixo, a nacionalistas presentamos unha iniciativa para preservar os postos de traballo e mudar o sistema de interrumpibilidade porque aí “radica o problema” e resulta imprescindible instar a Madrid porque o Goberno galego non ten competencias para poder facelo.

A parlamentaria afirmou que o sector enerxético é “estratéxico” en Galiza e nesta liña cuestionou de que nos serve ser produtores de electricidade e  cal é o beneficio que obtén Galiza pola súa produción excendentaria. A deputada aludiu a unha información do mes setembro sobre a planta de Alcoa e o seu “incerto futuro” e sinalou   que o problema está en como se entende a “competitividade das empresas” porque cando observamos os datos, os custes enerxéticos representan a segunda categoría  de custe máis importante despois do persoal para as empresas galegas.

A deputada reclamou manter os postos de traballo nas plantas de Alcoa e San Cibrao e modificar o marco regulador da emerxía eléctrica para beneficiar as empresas e consumidor@s

Por outro lado, engadiu, os custes das empresas españolas están un 10% por riba da media da Unión europea situando o gasto en electricidade no Estado español cun  prezo máis caro  e mentres que nas familias é o terceiro para as empresas é o octavo o  que fai que o prezo da luz “subira en España durante a crise”, esa é a maneira de  que ten de entender o PP e Feijóo  a “axenda da competitividade”.

Poxa anual de prezos, método de competencia desleal entre as propias empresas

Ademais explicou que Alcoa consume unha porcentaxe altísima de electricidade, no 2003 foi mudado o sistema de interrumpibilidade que permite un aforro económico para empresas con grande consumo eléctrico  pero como era previsible, “resultou ser un mecanismo perverso con consecuencias perversas” entre as que destacou: a poxa anual, un método de competencia desleal entre as propias empresas que obteñen prezos diferentes pola electricidade ademais de ser unha coartada perfecta para aquelas que pretendan reducir postos de traballo ou pechar escudándose nos prezos da electricidade, “práctica moi utilizada nestes dous últimos anos en Galiza”, afirmou.

Euskadi conta cunha tarifa industrial propia

Si Euskadi foi capaz de conseguir unha tarifa industrial propia, cun aforro estimado anual de 50 millóns de euros para as súas empresas, porqué o Goberno galego só se limita a “laiarse” e non actúa para acadar unha redución da tarifa para Alcoa, preguntou a a nacionalista.

Adán reclamou un compromiso firme cos postos de traballo e unha tarifa eléctrica propia para Galiza. A iniciativa do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular argumentando que o mellor modelo segue sendo  “a tarifa única”.

Carme Adán: "Galiza ten dereito a unha tarífa eléctrica propia"