PARTICIPACIÓN

Cando se dará conta o Goberno municipal que o que chama "procesos participativos" non son democracia real?

Un dos momentos do "proceso participativo" que se celebrou no Centro Cívico de Novo Mesoiro
Un dos momentos do "proceso participativo" que se celebrou no Centro Cívico de Novo Mesoiro

Demandamos do Goberno municipal que deixe xa de organizar actividades prescindíbeis, con non se sabe que obxectivos a acadar, e comece a actuar nos barrios de vez

O novo proceso participativo aberto onte no Centro Cívico de Novo Mesoiro para a “articulación dos servizos culturais municipais” é ridículo e instamos ao Executivo local a deixar de enguedellar á veciñanza

Doutra volta, e igual que cando se abriu o proceso dos distritos que se nos presentará a semana que vén despois de ter comezado hai xa un ano e medio, puxo á veciñanza dos barrios de Feans, Mesoiro e Novo Mesoiro a cubrir papeis e explicarlle que se «abren espazos para compartir ideas e proxectos», máis iso non se lle pode chamar participación. Cando entenderá este Goberno que a reforma do ROPC e a garantía de establecer estruturas nos barrios con capacidade de decisión si dará lugar a verdadeiros procesos participativos e implicará a implantación dunha democracia real?

Volvemos reclamarlle ao Goberno municipal que afronte dunha vez as reformas do Regulamento de Participación e do Regulamento Orgánico

Cando se dará conta o Goberno municipal que o que chama "procesos participativos" non son democracia real?

Vimos de demandarlle ao Goberno municipal que deixe xa de organizar actividades totalmente prescindibles que non se sabe que obxectivo perseguen, como a realizada onte no Centro Cívico de Novo Mesoiro para a “articulación dos servizos culturais municipais”, e comece a facer as actuacións necesarias e solucionar ás demandadas dos barrios que seguen igual de abandonados que durante o mandato do Partido Popular.

O acto realizado onte so podemos cualificalo como ridículo, xa que logo, e repetindo esquemas xa realizados no proceso para a elaboración de distritos, "A Porta Aberta" ou o "Dillo Ti", limitouse a abrir un debate no que se trataron temas diversos centrados nas distintas problemáticas dos barrios que estaban presentes mais das que non se sabe que conclusións se sacaron, sen concretar solucións e sen establecer prazos para a súa resolución.

Así mesmo, neste acto, emprazouse as persoas participantes a asistir a sendo a encontros programados para a semana que vén, en continuidade a este proceso, co obxecto de facer unhas xornadas de traballo para plasmar ideas para a articulación deses servizos culturais.

Folleto propagandístico que anunciaba este novo

Entendemos pois que, doutra volta, se está a xerar un sentimento de esgotamento e frustración na veciñanza que observa como continuamente se lle chama a eventos e actividades que non aportan solucións, nin inmediatas nin a medio prazo, aos seus problemas, asemade de estar supoñendo para as arcas municipais unha constante pingueira de gastos que ben poderían estar sendo investidos precisamente na resolución desas problemáticas.

Outra vez, e igual que cando se abriu o proceso dos distintos que se nos presentará a semana que vén despois de ter comezado hai xa un ano e medio, puxo á veciñanza dos barrios de Feans, Mesoiro e Novo Mesoiro a cubrir papeis e explicarlle que se «abren espazos para compartir ideas e proxectos», máis iso non se lle pode chamar participación. Cando entenderá este Goberno que a reforma do ROPC e a garantía de establecer estruturas nos barrios con capacidade de decisión si dará lugar a verdadeiros procesos participativos e implicará a implantación dunha democracia real?

Deste xeito, reclamámoslle ao Goberno municipal que afronte dunha vez as reformas do Regulamento de Participación e do Regulamento Orgánico e esixímoslle que sexa coherente co seu programa electoral, no que se recollían ambas propostas moi nitidamente e ocupando boa parte do encabezado das “99 medidas para o 99%”.

Levamos xa máis de seis meses sen que convoque a Comisión Especial de reforma do ROPC e ROM, que lembremos foi convocada a última vez a petición nosa porque xa levaba sen ser convocada varios meses á aquela altura. Despois de xa case dous anos de mandato é evidente que na folla de ruta da Concellaría de Participación e Innovación Democrática non se contempla a reforma destes regulamentos, a articulación de órganos de participación e xestión descentralizada e a constitución dos órganos de representación con capacidade de decisión e atribucións de democracia real onde cada veciña a veciñanza poda trasladar e resolver as cousas que lle preocupan do seu entorno máis inmediato.

A Coruña, 24 de marzo de 2017