Unha campaña nas rúas da cidade contra os mamotretos nas Percebeiras e a prol dun parque para a veciñanza

O Bloque Nacionalista Galego da Coruña despregou nos últimos días nas rúas da cidade unha campaña contra o proxecto de construción de varios bloques de vivendas na beiramar de Labañou, os coñecidos popularmente como os mamotretos das Percebeiras.
Unha campaña nas rúas da cidade contra os mamotretos nas Percebeiras e a prol dun parque para a veciñanza

Por medio de soportes publicitarios como valados ou mupis, o BNG expresa a súa oposición ao Plano Especial de Labañou que recibiu un impulso por parte do Goberno Local e que acaba de obter o plácet da Xunta da Galiza, un proxecto urbanístico que coloca unha pantalla arquitectónica no soar das Percebeiras, a tapar a visión da Torre de Hércules sen ter en conta as previsións contidas no PXOM. Neste plan, por tanto, PSOE e PP están a converxer no que claramente representa un retorno a políticas urbanísticas do pasado.

66-RONDA OUTEIRO-PERULEIRO

"Non aos mamotretos das Percebeiras. Si a un parque público para a veciñanza, a protexer o bordo marítimo", rezan os soportes da campaña que inclúen tamén a lenda "blindemos o litoral de Labañou igual que o das Xubias".

9- MILENIUM CARA B

 

Para o BNG, o proxecto das Percebeiras non ten ningún tipo de xustificación racional e en absoluto responde a unha demanda de novas vivendas na cidade. A este respecto, cumpre lembrar que o PXOM de 2013, o actualmente vixente, prevía un incremento de populación na Coruña até se situar o censo en 310 mil persoas en 2025. Eses prognósticos están moi lonxe de se cumpriren e neste momento A Coruña nen sequer chegar a 250 mil habitantes (está en 247 mil habitantes). En contraste, o parque de vivendas baleiras está situado na contorna das 20 mil moradas. A formación nacionalista considera que un urbanismo progresista pasa por mobilizar eses pisos desocupados e non por encher de tixolo a beiramar da cidade.

 

Unha campaña nas rúas da cidade contra os mamotretos nas Percebeiras e a prol dun parque para a veciñanza