Cal é a situación dos terreos ao carón da Torre de Hércules?

Cal é a situación dos terreos ao carón da Torre de Hércules?

A Coruña, 24 de outubro de 2015.- O Grupo Municipal do BNG trasladará ao próximo pleno diversas preguntas para a súa resposta por escrito relativas á situación na que se atopan os soares anexos aos campos deportivos da Torre.

O BNG pregúntalle ao Goberno municipal sobre a situación de abandono na contorna dos terreos da Torre

A veciñanza da zona ten trasladado a súa preocupación ao Grupo Municipal do BNG pola situación na contorna. Neste sentido, indican, que son xa moitos os anos no que veñen demandando unha solución para o vertedoiro no que se ten convertido estes soares, arredor dos antigos "Talleres Siete" e dos terreos da Agra de Santo Amaro: almacén de ferralla con verteduras de todo tipo, refugallos ilegais, galpóns convertidos en espazos cheos de entullos e en condicións pouco salubres, vexetación e fincas sen limpar e sen roza etc. “Non é pois simplemente unha cuestión de estética de paisaxe, que tamén, senón, por riba de todo, unha cuestión de salubridade e de respecto polo entorno e o medio ambiente”, sinalan as nacionalistas.

As demandas da veciñanza pasan por dar solución ao vertedoiro no que se ten convertido os soares anexos aos campos deportivos

É por iso que o BNG inquírelle ao Goberno da Marea Atlántica se ten previsto algún tipo de actuación inmediata sobre os terreos indicados, de ser así, en que consistiría e que prazos ten marcados, se ten realizado o novo Goberno algún tipo de informe do estado actual da contorna dos campos deportivos da Torre, se ten esixido aos seus propietarios o mantemento en correctas condicións de hixiene dos seus soares e de non telo esixido, por que non o o fixo.

Cal é a situación dos terreos ao carón da Torre de Hércules?