HOTEL ATLÁNTICO

Cal será a situación do actual cadro de persoal despois da nova concesión do Hotel Atlántico?

Vista exterior do Hotél Atlántico (foto Wikimedia Commons)
Vista exterior do Hotél Atlántico (foto Wikimedia Commons)

Instamos a Marea Atlántica que medie nunha mesa cuatripartita entre NH Atlántico, o Grupo Galena, e o propio goberno e as traballadoras e os taballadores do hotel para procurar a continuidade destes

Os traballadores e as traballadoras deste hotel foron absolutamente ninguneados desde 2015 xa que, segundo nos transmitiu a súa representación, non se puxeron en contacto desde o Goberno Local en ningún momento para informalos das decisións que se ían tomando e das súas implicacións

Cal será a situación do actual cadro de persoal despois da nova concesión do Hotel Atlántico?

Logo da xuntanza mantida cunha representación dos traballadores e das traballadoras do NH Atlántico da Coruña, propoñemoslle á Marea Atlántica que medie nunha mesa cuatripartita entre NH Atlántico, o Grupo Galena, e o propio goberno e as traballadoras e os traballadores do hotel para procurar a continuidade destes.

Os traballadores e as traballadoras deste hotel foron absolutamente ninguneados desde 2015 xa que, segundo nos transmitiu a súa representación, non se puxeron en contacto desde o Goberno Local en ningún momento para informalos das decisións que se ían tomando e das súas implicacións.

Desde logo en ningún momento se tivo en conta a xente que alí traballa, non hai no expediente ningún informe legal que sinale a maior ou mellor oportunidade de optar polo concurso de arrendamento e non por outro coa gravidade de que a opción elixida non garante a subrogación do persoal. Entendemos que non se considerou prioritaria en ningún momento a necesidade da continuación do persoal. E non é que non houbese tempo para analizar o tema, xa que foi a propia Marea Atlántica quen sacou o tema á luz pública na campaña das Municipais de 2015, estivo enriba do tema durante o ano 2016 mesmo chegando a determinar en resolución da Concelleira de Facenda e Administración que a data de inicio da concesión era o 21 de agosto de 1968 e polo tanto a data de finalización da mesma o 21 de maio de 2018.

Preguntámonos se o Goberno Local non tivo tempo desde 2016 -cando resolveu que a data de finalización sería en agosto deste ano- para atopar a maneira de garantir a continuidade das persoas que traballan no hotel da avenida do Porto e se non atoparon un oco nas súas axendas para ir informando ao cadro de persoal das decisións que ían tomando e das súas implicacións.

A esta altura non podemos darlle para atrás para corrixir a actuación do Goberno até o de agora mais si podemos propoñerlle á Marea Atlántica, que se gaba de defender os dereitos dos traballadores e das traballadoras e as cláusulas sociais e laborais, a que agora tome unha actitude activa e que medie nunha mesa cuatripartita entre NH Atlántico, o Grupo Galena, e o propio goberno e as traballadoras e os traballadores do hotel para procurar a continuidade destes.

A Coruña, 18 de xullo de 2018.

 

Artigos relacionados: