HORTAS URBANAS

Cal será a nova disposición das hortas urbanas de Novo Mesoiro?

As hortas urbanas de Novo Mesoiro cando comezaban a levantarse na rúa Fragas do Eume
Zona das hortas urbanas de Novo Mesoiro no comezo da súa construción

Desde a cesión á Xunta de Galiza a finais do ano pasado dos terreos onde estaban estas hortas para a construción do novo Centro Educativo non temos noticia de cando e onde se van recolocar, polo que preguntamos ao Goberno municipal se pensa recuperar este espazo para a veciñanza

Cal será a nova disposición das hortas urbanas de Novo Mesoiro?

Presentamos unha iniciativa para coñecer a situación actual da nova disposición das hortas urbanas do barrio de Novo Mesoiro.

E é que, despois de pasados máis de seis meses desde que o Concello da Coruña cedera os terreos onde estaban estas hortas á Xunta de Galiza para que alí se constrúa o novo Centro Educativo, queremos saber se o Goberno municipal xa ten decidido onde se van a recolocar.

Desde a cesión á Xunta de Galiza a finais do ano pasado dos terreos onde estaban estas hortas para a construción colexio en Novo Mesoiro non temos noticia de cando e onde se van recolocar, polo que preguntamos ao Goberno municipal se pensa recuperar este espazo para a veciñanza.

Do mesmo xeito, lembramos na iniciativa a polémica habida no seu día a respecto dos custes derivados polo acceso e a xestión mensual destas hortas polo que tamén inclúen unha pregunta para saber se con esta recuperación o Executivo local pensa modificar as condicións de acceso e aluguer mensual.

Sempre avogamos porque as hortas fosen de balde, xa que logo as persoas con menos recursos mesmo tiñan que pagar pola inscrición, asemade de ter que aboar un aluguer mensual de 25 euros, prezos que provocaron unha demanda moi inferior á agardada, e denunciábamos no seu día que, por exemplo, as hortas impulsadas polos movementos sociais en Feáns, a escasos metros das construídas en Novo Mesoiro, tiñan un custo simbólico de 20 euros anuais, moito máis acaídos ao obxecto polo que se habilitaban estes espazos. Por iso queremos saber que plan ten o Goberno municipal para estes espazos.

A Coruña, 4 de maio de 2017

Cal será a nova disposición das hortas urbanas de Novo Mesoiro?