AVIA VEIRA PIDE AO GOBERNO LOCAL QUE O CONCELLO COMPRE OS DEREITOS DE EDIFICABILIDADE

O deseño sobre o Parque da Agra, sen suficientes zonas verdes

O grupo municipal do BNG votou este xoves contra a modificación puntual do PXOM en relación ao Parque da Agra porque, explicou no Pleno Avia Veira, "non satisfai as demandas da veciñanza nin contempla as zonas verdes que o barrio precisa".
O deseño sobre o Parque da Agra, sen suficientes zonas verdes

A modificación non saíu adiante ao ser rexeitada por BNG e a Marea Atlántica e contar só cos votos favorábeis do PSdeG e Ciudadanos. O PP optou pola abstención.

O BNG ve melloras nesta proposta de modificación do PXOM en relación á formulada no mandato anterior por Marea Atlántica, posto que reduce a edificabilidade e mesmo elimina un "mamotreto" de cinco andares.

Porén, o BNG ve a modificación como insuficiente ao non eliminar totalmente a edificabilidade nun barrio que é o máis densamente poboado da cidade e que conta neste momento "con cero zonas verdes".

Veira lamentou que o Goberno Local non estudase a fondo dúas alternativas que si son perfectamente viábeis: a transferencia de edificabilidade a outras zonas da cidade ou mesmo a compra desa edificabilidade aos propietarios dos solos. 

O BNG ve a modificación como insuficiente ao non eliminar totalmente a edificabilidade nun barrio que é o máis densamente poboado da cidade e que conta neste momento "con cero zonas verdes"

Argumentou a concelleira nacionalista que o Concello si dispón de recursos económicos suficientes para "fornecer o barrio da Agra de toda a zona verde que poida e estea na súa man". "Non se endebedeu por valor de 12 millóns de euros o Concello da Coruña para facer a obra da Mariña"?, perguntouse Veira.

"Entendemos pois que a proposta que nos achega o Goberno non satisfai as necesidades do barrio da Agra do Orzán nin contempla a zona verde que o barrio precisa", concluíu a edil nacionalista, quen salientou que a modificación puntual presentada polo Executivo coruñés non encaixa co acordo asinado polo PSdeG co BNG que no pasado mes de xuño fixo viábel a investidura de Inés Rey.

O deseño sobre o Parque da Agra, sen suficientes zonas verdes