O BNG volve denunciar que até o de agora nunca se conxelaron os impostos municipais

O BNG volve denunciar que até o de agora nunca se conxelaron os impostos municipais

xose 2A Coruña, 15 de setembro de 2014.- Por moito que o señor Coira, e os seus demais compañeiros de Goberno, repitan día si, día tamén, que o actual goberno conxelou os tributos desde que gobernan, as nacionalistas sinalan que minten pois até agora nunca se conxelaron os impostos municipais. O BNG pon de manifesto que é moi fácil saber que o Goberno do Sr. Negreira falta a verdade, abonda con que, por exemplo, a cidadanía compare os recibos de 2011, 2012 e 2013 do IBI para comprobar que non houbo conxelación fiscal durante estes tres últimos anos.

Así, examinando os recibos do propio portavoz do Grupo Municipal do BNG de 2011, 2012 e 2013 do Imposto sobre bens inmóbeis pódese observar que en 2011 pagou 186,49 euros, en 2012 205,10 euros e en 2013 206,83 euros. Por tanto, as cifras evidencian que si incrementaron e que a tal conxelación non é certa.

A propia Conta Xeral de 2013 que foi a Pleno a semana pasada, lembran as nacionalistas, pon de manifesto que as coruñesas e coruñeses pagaron de promedio 65,64 euros máis en impostos municipais que en 2012, e iso é como consecuencia de que hai maior presión fiscal. E malia que hai que pagar máis de impostos locais, resulta que temos un concello endebedado e que incumpre ademais os obxectivos de estabilidade orzamentaria.

 

O BNG volve denunciar que até o de agora nunca se conxelaron os impostos municipais