O BNG traslada ao Parlamento de Galiza a súa demanda para previr futuros casos como o da Maestranza

O BNG traslada ao Parlamento de Galiza a súa demanda para previr futuros casos como o da Maestranza

A Coruña, 12 de abril de 2016.- A instancias do Grupo Municipal do BNG, o Grupo no Parlamento de Galiza do BNG ven de dar traslado á moción aprobada onte no Pleno da Coruña e na que se pretende evitar que situacións como a da Maestranza poidan volver repetirse nun futuro.

O Grupo Parlamentario do BNG recolle a moción presentada polo Grupo Municipal da Coruña e aprobada no Pleno de onte e que solicita a recuperación para uso civil de bens do patrimonio de Defensa de interese historíco-artístico, ambiental ou en desuso pero de utilidade pública ou social demandada pola sociedade

terreos_maestranza1

E é que as nacionalistas veñen de rexistrar esta mañá sendas iniciativas que pretenden evitar que espazos de titularidade pública poidan ser desafectados sen a posibilidade de que outras administracións poidan acceder á súa cesión previa.

Deste xeito, o BNG presenta esta iniciativas instando a que se realicen os cambios legais necesarios no réxime xurídico especial outorgado ao Ministerio de Defensa sobre o patrimonio inmobiliario, centrándose nos bens que teñen características especiais (porque forman parte do patrimonio histórico ou cultural ou estar situados en zonas de especial interese natural) ou están en desuso (tendo outra utilidade pública e social demandada pola sociedade).

As nacionalistas pretenden con estas iniciativas que no futuro as administracións públicas poidan acceder á afectación e/ou cesión de espazos públicos como a Maestranza, que foron sacados a poxa sen que o Concello da Coruña tivera a posibilidade ou puidese solicitar a súa cesión previa a súa desafección, e así non perdan a súa titularidade pública

Avenida do Metrosidero no Campo da Estrada

“Pretendemos que pasen a ter un réxime específico que asegure a súa permanencia como bens de titularidade pública, evitando con iso o seu alleamento e permitindo o seu traspaso ordenado a outras administracións públicas onde se sitúan eses bens co fin de que poidan acometer proxectos de recuperación, restauración e valorización de usos públicos”, sinalan as nacionalistas.

Asemade, o Bloque entende que con estas iniciativas preténdese evitar que se prolongue a deterioración dos devanditos bens. E isto por causa dunha afección a un uso militar agora innecesario ademais de contraproducente, ao non optimizarse as distintas posibilidades de aproveitamento destes bens que no seu día formaron parte do armazón militar por estaren claramente infrautilizados, acelerándose a súa perda de valor. Preténdese evitar que se prolongue a deterioración dos devanditos bens a través dunha nova afección a usos públicos que son demandados pola sociedade e permitir con iso o definitivo cambio de uso duns bens que deixaron de ter unha adscrición militar para un novo uso público de carácter civil.

Entre as propostas que trasladan ao Parlamento está unha proposición non de lei para a súa elevación ao Congreso das Deputadas e dos Deputados, consonte o artigo 87.2 da Constitución

É por isto que as nacionalistas rexistraron unha batería de iniciativas, preguntas orais e preguntas escritas para a súa resposta tanto en Comisión como en Pleno, así como tres proposicións non de lei, incluída unha para a súa elevación ao Congreso das Deputadas e dos Deputados, consonte o artigo 87.2 da Constitución, relativa á “Recuperación para uso civil de bens do patrimonio de defensa de interese histórico-artístico, ambiental ou en desuso”.

 

Premendo aquí podes descargar a proposición non de lei para a súa elevación ao Congreso.

Artigos relacionados

O BNG traslada ao Parlamento de Galiza a súa demanda para previr futuros casos como o da Maestranza