O BNG solicita que se fagan públicos os orzamentos de 2014 a través da web municipal

O BNG solicita que se fagan públicos os orzamentos de 2014 a través da web municipal

A Coruña, 10 de novembro de 2013.- O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, solicitou no día de onte, a través dun escrito dirixido á Alcaldía (achégase xunto á nota), que o Goberno do Sr. Negreira faga públicos os orzamentos municipais de 2014 na páxina web do Concello.

Outras Administracións públicas, como a Xunta de Galiza e o Estado español, fan públicos nas súas respectivas páxinas web cadanseu proxecto de orzamentos e mais os orzamentos definitivos. Deste xeito, o conxunto do pobo pode ter acceso ás contas a través dos portais institucionais e non só a través do que contan os medios de comunicación.

Co fin de que todas as persoas interesadas poidan consultar os orzamentos aprobados onte en Xunta de Goberno Local extraordinaria, o portavoz do BNG empraza o Goberno do PP a facer públicas, de inmediato, as contas de 2014.

O BNG solicita que se fagan públicos os orzamentos de 2014 a través da web municipal