O BNG sinala que o Concello deixa de ingresar 55,89 millóns pola deficiente xestión económica

O BNG sinala que o Concello deixa de ingresar 55,89 millóns pola deficiente xestión económica

A Coruña, 5 de abril de 2014.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego sinala que o Concello da Coruña deixa de ingresar 55,89 millóns de euros pola deficiente xestión económica do Goberno Local en materia de previsión de ingresos e de recadación dos mesmos.

E é que sumadas todas as partidas da liquidación de ingresos de 2013 que resultaron cun defecto de previsión negativo a cantidade obtida é de 55,89 millóns que o Concello da Coruña deixou de ingresar segundo as súas previsións orzamentarias definitivas.

Así, entre outros, os ingresos relacionados co urbanismo e a construción sinalan que o imposto sobre construcións, instalacións e obras sobre o cal o Concello tiña unha previsión de ingreso de 5,2 millóns de euros, deixou de ingresar 1,39; que por licenzas urbanísticas no que se tiña unha previsión de 2,5 millóns de euros, deixáronse de ingresar 1,84, ou en licenzas de primeira ocupación, cunha previsión de 1,1 millón, faltaron por ingresar 788.684 euros.

O mesmo evidénciase con moitas outras partidas como o tratamento de residuos que contemplaba unha previsión de 3,27 millóns de euros e deixou de ingresar 2,09; a taxa de retirada de vehículos que ten un defecto de previsión de 606.890 euros; a taxa de de ocupación de vía pública con terraza de hostelaría na que había unha previsión de 265.000 euros e hai un defecto de previsión de 106.548; venda de enerxía na que se deixou de ingresar 410.681,38 euros; todo o que ten que ver con utilización das distintas instalacións municipais instalacións municipais (deportivas, museos, instalacións culturais…); etc.

Todos estes exemplos de ingresos e doutros moitos máis de 2013 que figuran no estado de liquidación como transferencias de organismos públicos, convenios, fondos europeos…e que resultaron cun defecto de previsión negativo sumando a cantidade de 55,89 millóns iranse esmiuzando, sinalan as nacionalistas, nos vindeiros días.

O BNG sinala que o Concello deixa de ingresar 55,89 millóns pola deficiente xestión económica