O BNG rexistrou hoxe a solicitude para a convocatoria da Xunta de Seguridade

O BNG rexistrou hoxe a solicitude para a convocatoria da Xunta de Seguridade

A Coruña, 23 de agosto de 2014- O Grupo Municipal do BNG presentou esta mañá no rexistro central de María Pita a solicitude para a convocatoria inmediata da Xunta Local de Seguridade Cidadá co fin de que se encaren os roubos que están a ter lugar na cidade desde diversas frontes e coa presenza de todas as Administracións implicadas, é dicir, o Concello da Coruña, a Xunta de Galiza e mais o Estado. Deste xeito, e dada a inhibición e actitude pasiva do Goberno do Sr. Negreira, expresada polo responsábel de Seguridade Cidadá, o Sr. Flores, as nacionalistas emprazan o Goberno local a mover ficha a través da convocatoria deste órgano.

No escrito dirixido ao Sr. Negreira, o Grupo Municipal do BNG advirte de que non se trata de afrontar os roubos a través de actuacións das forzas de seguridade, senón, fundamentalmente, a través da loita contra a pobreza e contra a exclusión social. De aí que as nacionalistas reivindiquen a necesidade de traballar en medidas non só a curto prazo senón tamén a medio e a longo prazo. Ademais, as nacionalistas avogan por outorgarlles un papel fundamental aos Servizos Sociais e as asociacións veciñais.

O BNG rexistrou hoxe a solicitude para a convocatoria da Xunta de Seguridade