O BNG rende este sábado o seu tributo anual a Pedro Galán Calvete, o mozo galeguista asasinado no 36

Un momento do acto de 2018
Un momento do acto de 2018
O seu corpo apareceu na curva da Corveira o 16 de setembro de 1936. Atopárono unhas leiteiras. Un día antes fora detido polos fascistas e presumibelmente asasinado no propio cárcere. Pedro Galán Calvete apenas tiña 18 anos (nacera en xullo de 1917), mais xa era un dirixente do nacionalismo moi coñecido na Coruña: en 1933 participara, canda Jenaro Marinhas del Valle e outras mozas e mozos, na criación das Mocidades Galeguistas. O seu activismo social levouno tamén a facer parte do núcleo fundador do Clube do Mar, en 1933.

Desde 2003 o grupo de barrio do BNG de Monte Alto vénlle rendendo homenaxe no cemiterio de Santo Amaro, onde descansan os seus restos. Vaino facer outra volta este sábado nun acto que dará comezo ás 12 horas e que contará coa palabra do historiador e arqueólogo Felipe Senén, a poesía de Teresa Ramiro e a música de Moncho do Orzán.

Na curta vida de Galán Calvete condénsase toda a paixón na defensa do país, da súa cultura, da súa lingua e dos seus dereitos nacionais coa que se identifica o Bloque Nacionalista Galego e as novas xeracións que loitan por unha Galiza dona de si.

Reivindicar a súa memoria, a de todas aquelas que puxeron os alicerces a partir dos cales se edificou o nacionalismo contemporáneo, é tanto como reivindicar un futuro distinto para a nación galega.

O BNG chama a participar no acto a todas as persoas que se vexan representadas no legado deste mozo coruñés cuxa vida foi ceifada polo horror fascista.