O BNG presentou as alegacións ao Modificativo de Crédito

O BNG presentou as alegacións ao Modificativo de Crédito

A Coruña, 12 de novembro de 2015.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello da Coruña ven de presentar esta mañá as alegacións ao Modificativo de Crédito M1C/2015 aprobado o pasado mes de outubro.

O BNG ven de presentar esta mañá as alegacións ao Modificativo M1C/2015 para a recuperación da paga extra do funcionariado de 2012

Tal e como anunciaran as nacionalistas, tras ser rexeitado o seu voto particular no Pleno extraordinario onde se aprobou o Modificativo, esta mañá presentaron por rexistro as alegacións destinadas a recuperar a parte da paga extra que se lle arrebatou ao funcionariado no ano 2012.

O Bloque lembra a aprobación do Real decreto lei 10/2015 indica literalmente que “as distintas Administracións públicas, así como os seus entes dependentes e vinculados, aboarán dentro do exercicio 2015, e por unha soa vez, unha retribución de carácter extraordinario cuxo importe será o equivalente a 48 días ou 26,23 % dos importes deixados de percibir por consecuencia da supresión da paga extraordinaria”. Deste xeito, as nacionalistas argumentan que sabendo que a totalidade dese 26,23% que corresponde pagar neste 2015 no Concello da Coruña ascende a case 800.000 euros, cos cartos que se reservarían ao anular a baixa de Gasto en Persoal incluída no Modificativo podería cubrirse case a metade da parte da paga extra do funcionariado municipal que corresponde aboar en 2015, facilitando que se poida completar até o total con outros recursos do Concello da Coruña dos que se prevé dispor antes de final de ano.

As nacionalistas lembran que a aprobación do Real decreto lei 10/2015 dispón para este ano que as Administracións públicas deberán aboar o pagamento do 26,23 % da paga extra do funcionariado de 2012

Así, o Bloque solicita na súas alegacións que se adíe o pagamento dos tres recoñecementos extraxudiciais de obrigas que teñen como acredor a UTE Babcock Kommunal MBH y Técnicas Mediomabientales Tecmed S.A. por valor de 423.123,31 euros, que se minore o suplemento de crédito a aplicación 30.165.221.00 en 9.770,21 euros, dado que se trata dunha previsión de gasto aproximada e a cantidade que se propón minorar non é moi elevada e, por último, solicita anular as baixas no “Capítulo I. Gastos de persoal” por valor de 433.093,52 euros por ser preciso dispor delas para cumprir coa obriga de pagamento ás traballadoras e traballadores municipais dese 26,23 % da paga extra que o Partido Popular teimou en quitarlle no ano 2012 regulada no Real decreto lei 10/2015.

“Se verdadeiramente había razóns técnicas para rexeitar o noso voto particular mais había vontade de falar sobre a recuperación da paga extra do funcionariado, unha vez presentadas as nosas alegacións, xa podemos sentarnos a falar de como encaixar esta obriga de pagamento que estabelece o Real decreto 10/2015 de cara á aprobación final do modificativo”, conclúe Avia Veira.

O BNG presentou as alegacións ao Modificativo de Crédito