O BNG pide que non coincidan no tempo a feira do libro e a do cómic

O BNG pide que non coincidan no tempo a feira do libro e a do cómic

A Coruña, 10 de agosto de 2013.- O Grupo Municipal do BNG esíxelle ao Goberno do Sr. Negreira que rectifique e non faga coincidir no tempo a feira do libro e a feira do cómic. Explican as nacionalistas que de xeito histórico e cun grande éxito contrastado o mes de agosto comezaba coa feira do libro e continuaba con Viñetas do Atlántico. Porén, este ano, un “experimento” da Concellaría de Cultura decidiu que os dous eventos culturais máis importantes do verán coincidiran no tempo.

Algúns libreiros e libreiras transmitíronlle ao BNG a súa desconformidade con esta coincidencia das dúas feiras. É dubidoso, sinalan as nacionalistas, que esta coincidencia sexa boa para as libreiras e libreiros, mais para quen non o é seguro e para a cidadanía, que debe escoller dentro de dúas programacións moi boas que coinciden.

Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG empraza a Concellaría de Cultura a rectificar e a programar as feiras de forma consecutiva e non simultánea o ano que vén. Así, as nacionalistas pídenlle á edila de Cultura que se deixe de experimentar e escoite o sector e aqueles profesionais que saben disto.

O BNG pide que non coincidan no tempo a feira do libro e a do cómic