O BNG non entende que o Goberno local se escandalice agora polos descadres do orzamento

Momento no que Avia abandonaba o Pleno onde se aprobaron inicialmente os orzamentos de 2016
Momento no que Avia abandonaba o Pleno onde se aprobaron inicialmente os orzamentos de 2016
O BNG non entende que o Goberno local se escandalice agora polos descadres do orzamento

A Coruña, 12 de abril de 2016.- En relación coa información achegada aos medios e colgada na web municipal sobre os informes da Oficina Orzamentaria e de Intervención acerca dos orzamentos municipais, desde o Grupo Municipal do BNG entenden que agora non cabe que o Goberno local se escandalice polos descadres dun orzamento que apoiou co seu voto a favor -logo de que resultasen aprobadas dúas emendas que o modificaban- cando ademais estaba na súa man suspender o pleno para que o persoal técnico informase.

Avia Veira: “O Goberno local non pode agora escandalizarse polos descadres dun orzamento que apoiou cando ademais estaba na súa man suspender o pleno para que o persoal técnico municipal informase”

Momento no que a nosa concelleira Avia Veira abandonaba o Pleno dos orzamentos

E é que as nacionalistas insisten en que a responsabilidade de terse aprobado o documento final é dos tres grupos políticos, isto é Marea Atlántica, PSOE e PP, que participaron dunha sesión que ao seu xuízo debería terse adiado para que o persoal técnico do concello puidera estudar as propostas presentadas.

Así, o Grupo Municipal do BNG lembra que, durante a celebración da sesión do Pleno onde se aprobaron os orzamentos, a edil nacionalista Avia Veira propuxo, o adiamento do punto da orde do día e polo tanto a suspensión do pleno, aplicando principios de prudencia e por responsabilidade, xa que no momento non se dispoñía dos informes dos técnicos municipais a respecto das emendas e contraemendas presentadas ao longo desa mañá por todos os demais grupos políticos.

Desde a formación nacionalista manifestan que a sorpresa do Executivo local diante dos descadres do orzamento a favor do que votou é moi rebeladora e indica que a concelleira Avia Veira tiña razón cando na mesma sesión plenaria advertiu de que nin as e os técnicos municipais nin o alcalde ou mesmo o Goberno municipal coñecían o contido exacto do orzamento modificado polas emendas.

O Grupo Municipal do BNG lembra que no mesmo pleno solicitou suspender o pleno para que as e os técnicos municipais informasen e salientou a importancia destes informes debido a que o Concello levaba tres meses funcionando cun orzamento prorrogado polo que podía ser que nalgunha das emendas se minorasen partidas  que xa foran en parte comprometidas ou gastadas

«No mesmo pleno salientamos a importancia destes informes debido a que levabamos tres meses cun orzamento prorrogado polo que podía ser que houbese partidas que nalgunha das emendas se minorasen e que estas xa foran en parte comprometidas ou gastadas, como semella que así é », sinala Avia Veira.

 

Noticias relacionadas:

O BNG non entende que o Goberno local se escandalice agora polos descadres do orzamento