O BNG leva aos barrios unha campaña na que solicita que o IBI non se cobre en maio

Intervención de David Pena, Responsábel local do BNG na Coruña
Intervención de David Pena, Responsábel local do BNG na Coruña
O BNG leva aos barrios unha campaña na que solicita que o IBI non se cobre en maio

A Coruña, 16 de marzo de 2016.- O BNG presentou está mañá en rolda de prensa unha campaña de recollida de sinaturas polos barrios da cidade na que se solicita que non se adiante o cobro do imposto de bens inmóbeis (IBI) ao período entre maio e setembro, tal e como ten anunciado o Goberno municipal.

O BNG levará aos barrios unha campaña de recollida de sinaturas na que solicita que non se adiante o IBI a maio neste ano 2016

Momento da rolda de prensa

Deste xeito, a concelleira nacionalista Avia Veira, xunto co Responsábel Local da organización nacionalista, David Pena, presentaron a campaña, que segundo as súas palabras, pretende recoller o sentimento xeral da veciñanza da Coruña que entende “que o adianto do IBI para este ano é froito dunha decisión na que non se tivo en conta as maiorías sociais da cidade”.

E é que as nacionalistas consideran que a decisión do Goberno local de manter o pago do IBI entre maio e setembro, xunto co pago domiciliado para principios de xullo, é a todas luces errada e precipitada, que non tivo en conta a capacidade económica da maioría da xente, e que en ningún momento contou cun debate profundo xunto coa veciñanza.

As nacionalistas consideran que a decisión de adiantar o IBI este ano é unha decisión errada e precipitada, que non tivo en conta a capacidade da xente e que non foi debatida coa veciñanza, sobre todo despois de ter concluído o período de solicitude para o plan de pago personalizado

“Adiantar o prazo de pago dos tributos municipais é unha decisión errada, que se debe rectificar porque afecta á vida diaria da xente normal, das coruñesas e dos coruñeses, e porque do que estamos falando é de pagar un imposto que non é calderilla precisamente, son cantidades importantes que repercuten na vida diaria da veciñanza e na economía das maiorías sociais da nosa cidade. Ademais, neste adiantamento tampouco se tivo en conta o parecer da xente e da veciñanza. Mágoa que nos encontros A Porta Aberta ou Dillo ti non serviran para que o Goberno municipal abrira o debate e trasladara ao conxunto da xente as súas intencións de adiantar este ano o pago do IBI”, sinalaba na súa intervención David Pena.

Deste xeito, o Bloque pretende nesta campaña colocar, durante as vindeiras semanas, varias mesas nos barrios da cidade para que a xente poida asinar a iniciativa, e así “amosarlle ao Goberno municipal que este tipo de decisións deben tomarse dun xeito máis planificado e programado”, continuaba Avia Veira.

Avia Veira: “Non se pide máis que volver ao calendario fiscal anterior cando menos para este 2016. Sen desbotar que se puidese adiantar en 2017 cunha maior e mellor planificación e coa posibilidade de que máis xente se poida acoller ao plan de pago personalizado”

Intervención de David Pena, Responsábel local do BNG na Coruña

Desde o BNG insisten en que non se pide máis que volver ao calendario fiscal anterior, cando menos para este 2016, sen desbotar que se puidese adiantar en 2017 cunha maior e mellor planificación e coa posibilidade de que máis xente se poida acoller ao plan de pago personalizado e que así o Concello poida dispor dunha maior liquidez.

Doutra banda, as nacionalistas salientan, a respecto das declaracións do alcalde nas que desbotaba calquera modificación do calendario anunciado despois das mocións aprobadas no Pleno deste mes, que estas iniciativas teñen un valor político e entende que efectivamente o Goberno lles dá ese valor cando emprega outras mocións, como foi o caso sobre a ampliación de Alfonso Molina e o seu apoio maioritario no Pleno para ir negociar co Ministerio de Fomento, como aval e como posición xeral do Concello. “O que funciona para a moción de Alfonso Molina, xa non vale para a do IBI cando estamos falando tamén dunha decisión que afecta directamente ás economías da xente normal, das maiorías sociais que viven na nosa cidade”, concluía Avía Veira.

Descarga aquí a folla de solicitude para asinar e que o cobro do IBI non sexa en maio

 

Noticias relacionadas:

 

O BNG leva aos barrios unha campaña na que solicita que o IBI non se cobre en maio