O BNG lembra que xa advertira de que a obra da Mariña estaba executándose sen licenza urbanística

O BNG lembra que xa advertira de que a obra da Mariña estaba executándose sen licenza urbanística

A Coruña, 14 de agosto de 2015.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello da Coruña lembra que xa advertira de que a obra da Mariña estaba executándose sen licenza urbanística.

A formación nacionalista sinala que xa denunciara publicamente o feito, en nota de prensa enviada o 27 de xaneiro de 2015, logo de ter consultado o expediente administrativo relativo á licenza urbanística da obra de urbanización en superficie da Mariña, que supuxo o derribo do edificio de Sanidade. Na consulta deste expediente, o BNG puido comprobar que non existía nin solicitude por parte de Autoridade Portuaria, nin autorización expresa por parte do Concello: só figuraba o convenio.

A formación nacionalista sinala que denunciara publicamente o feito logo de solicitar o acceso ao expediente e de comprobar in situ que nel non figuraba nin a solicitude por parte da Autoridade Portuaria nin a preceptiva licenza concedida polo Concello da Coruña

cabezallo_webLembra tamén o Bloque que advertiu, nese momento, que o Convenio non eximía a Autoridade Portuaria do deber de solicitar a licenza e do deber de obtela.

O BNG amósase moi crítico con que o anterior Goberno municipal, en mans do Partido Popular, consentise que as obras se executasen sen a preceptiva autorización municipal.

O BNG lembra que xa advertira de que a obra da Mariña estaba executándose sen licenza urbanística