O BNG lamenta que o PP aprobase un suplemento de crédito para o partido de baloncesto de España

O BNG lamenta que o PP aprobase un suplemento de crédito para o partido de baloncesto de España

A Coruña, 30 de xullo de 2014- O Grupo Municipal do BNG lamenta que o Partido Popular rexeitara a reclamación presentada polas nacionalistas ao suplemento de crédito recollido no modificativo aprobado polo Goberno municipal no último pleno que lle outorgaba 17.000 euros máis á partida de Torneos deportivos para a celebración do partido amigábel da selección española de baloncesto que presentou esta mañá o Sr. Negreira.

O BNG anuncia que presentará unha batería de preguntas para a resposta escrita co fin de coñecer canto vai custar a celebración deste partido no Coliseum. Así, as nacionalistas preguntarán a canto ascende o montante total do partido, canto pon a Concellaría de Deportes, cantos cartos destina o IMCE, cal é o canon que hai que pagarlle á Federación Española de Baloncesto, quen recadará a taquilla, canto custa o acondicionamento do Coliseum para o converter nunha cancha de baloncesto, canto vai gastar o Concello en hoteis e canto vai dedicar a “gastos diversos”.

O BNG lamenta que o PP aprobase un suplemento de crédito para o partido de baloncesto de España