O BNG inicia as asembleas abertas para cambiar o rumbo dos orzamentos e das ordenanzas fiscais

O BNG inicia as asembleas abertas para cambiar o rumbo dos orzamentos e das ordenanzas fiscais

A Coruña, 15 de novembro de 2012.- Esta tarde, a partir das 20 horas, o local da A VV Os Anxos do Birloque acollerá unha asemblea aberta na que o BNG, a través da concelleira María Xosé Bravo, denunciará o impacto negativo dos orzamentos municipais e das ordenanzas fiscais e de prezos públicos na inmensa maioría da cidadanía da Coruña, nomeadamente a suba da auga. "Queremos cambiar o rumbo dos orzamentos e das ordenanzas fiscais e de prezos públicos, e farémolo cos veciños e veciñas", explicou esta mañá Ermitas Valencia en rolda de prensa. "Os orzamentos teñen que deixar de ser regresivos para pasar a ser participativos", sinalou.

A concelleira nacionalista explicou que o BNG xa pechou asembleas abertas en distintos barrios da cidade para que os veciños e veciñas se mobilicen contra o que definiu como un saqueo e un roubo, en alusión ao aumento do recibo da auga. Ademais, sinalou que os nacionalistas fomentarán a presentación de alegacións e emprenderá unha recollida de sinaturas contra o aumento do prezo da auga.

Asembleas abertas confirmadas

Xoves, 15 de novembro, local A VV Os Anxos do Birloque (20h)

Venres, 16 de novembro, local A VV de Bens-Nostián (19.30h)

Ademais, a semana que vén, os nacionalistas teñen confirmadas asembleas abertas nos barrios de Novo Mesoiro, Eirís, San Pedro de Visma, Agra do Orzán e Labañou.

 

 

O BNG inicia as asembleas abertas para cambiar o rumbo dos orzamentos e das ordenanzas fiscais